Agudelo, Barro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prebot (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-|concello +|mapa = \n|concello)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 18:
A nave, moi modificada, conserva unha entrada lateral tapiada, e a abertura das fiestras. Á nave ábrense, mediante [[arco (arquitectura)|arcos de medio punto]], dúas capelas laterais de planta cuadrangular, cubertas con [[bóveda (arquitectura)|bóveda de cruzaría]], con [[ménsula]]s de arranque de época posterior á do resto da igrexa. A ábsida está composta por un tramo recto, e un semicírculo dividido en cinco tramos por medio de catro columnas entregas.
 
No interior o máis destacado é o [[arco triunfal]], rematado por unha [[chambrana]] de catro filas de [[taco]]stacos, descansado sobre columnas con [[fuste]]s de cinco tambores entregos, con capiteis decorados. Nun destes capiteis vense uns paxaros con figura humana. A imaxe central do [[tímpano (arquitectura)|tímpano]] suponse que representa a [[Martiño de Dumio]], sentado, con [[báculo]] en actitude de bendicir, titular da igrexa e da freguesía. Nun capitel do arco triunfal pódese ver a representación dun músico, tocando a [[zanfona]].
 
Non se conservan na igrexa cornixas románicas; as que existen son do [[século XVIII]], así como os [[pináculo]]s que rematan as columnas na súa parte superior. A fachada occidental demostra claramente o influxo do [[Mestre Mateo]], na carnosa decoración vexetal da arquivolta; é unha igrexa vinculada ao paso das [[Camiño de Santiago|peregrinacións a Compostela]].