A Gándara, Narón, Narón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Poboación: táboa poboación da gándara
edición foto odeón
Liña 25:
A chegada a Ferrol do ferrocarril de Renfe en 1913 supuxo a construción dunha ponte sobre a ría de Xuvia. A nova liña dende O Couto ata a estrada de Castela na ponte das Cabras supuño unha delimitación territorial. Dende entón A Gándara medrou de costas a esta liña. O proxecto de chegada do tren a Ferrol incluía outra liña desdoblada antes da ponte das Cabras polo actual trazado da Estrada da Trincheira, entón trincheira do ferrocarril, e ía ata Bazán. A liña construiuse pero non tivo railes e o trazado aproveitouse para facer o enlace ca autoestrada. Na Gándara durante moitos anos só se podía entrar e sair por cinco pasos a nivel. Dous deles sen barreiras: o do Couto e o do Colmeote. E outros tres que tiveron ata os anos 1980 garda: A Faisca, as vivendas do Bispo e o da rúa Concepción Arenal. Estes pasos fóronse pechando ata a súa total desaparición ca construción do acceso á estrada [[AP-9]]. O proxecto para construír un apeadero non se concretou e o tren nunca tivo estación na Gándara. O outro acceso por estrada estaba na Frontera, chamada así por estar no límite con Ferrol. Ata a construción do polígono da Gándara o río Inxerto que vai dende a ría de Ferrol pasando por onde está Alcampo facía de barreira natural xunto cas marismas que eran entón a actual parte do polígono da Gándara situado en Ferrol.
 
[[Ficheiro:Centro comercial Odeón.JPG|miniatura|Centro comercial Odeón.]]
A construción da ponte das Pías supuxo o inicio do medre da Gándara como cidade dormitorio acollendo a unha onda de traballadores que se achegaban cas súas familias pola proximidade a Ferrol. A finais dos anos 1980 talouse toda a Gándara. Ata entón, dende a beira do mar ata a liña do ferrocarril era un monte principalmente de piñeiros. Aínda pódese ver unha pequena faixa verde dende O Colmeote ata a estrada da Gándara que lembra como era a Gándara entón. A Gándara eran dous topónimos: A Gándara de Abaixo (a zona máis próxima á estrada da Gándara) e a Gándara de Arriba (a parte próxima á rúa Concepción Arenal), as zonas onde concentrábase a poboación. O medre urbanístico entre as dúas zonas e a indefinición dos límites unificou A Gándara como topónimo nos anos 1990. A principios dos anos 1970 o colexio que había na Gándara era o de Santiago Apóstolo. Colexio de pago e no que os alumnos ían de uniforme. Posteriormente inaugurouse o do Feal, colexio público e gratuíto. Despois inaugurouse o colexio de A Solana e máis tarde o da Gándara.
 
Liña 46 ⟶ 47:
 
DateFormat = yyyy
Period = from:0 till:72007500
 
 
Liña 76 ⟶ 77:
<gallery>
Ficheiro:Pavillón polideportivo.JPG|Pavillón polideportivo da Gándara
Ficheiro:Centro comercial Odeón.JPG|Centro comercial Odeón
Ficheiro:Escola infantil da Gándara.JPG|Escola infantil da Gándara
</gallery>