Red Hot Chili Peppers: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
FleaRHCP (conversa | contribucións)
Liña 16:
== Historia ==
=== Formación e primeiro álbum (1983–1984) ===
A banda (orixinalmente ''Tony Flow and the Miraculously Majestic Masters of Mayhem'')<ref>[http://www.indyrock.es/redhot2.htm Red Hot Chili Peppers, Indyrock France<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> foi formada na Fairfax High School<ref>[http://www.mtv.com/music/artist/red_hot_chili_peppers/artist.jhtml Red Hot Chili Peppers | Music Artist | Videos, News, Photos & Ringtones | MTV<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> por un grupo de alumnos que asistían a dita escola: [[Anthony Kiedis]], [[Hillel Slovak]], [[Jack Irons]], e [[Flea|Michael "Flea" Balzary]]. Este último acababa de rematar unha breve estancia coma baixista dun dos primeiros grupos [[hardcore punk]] de [[Los Angeles]] chamado Fear, pero o seu interese nos sons negros fíxolle renunciar en [[1983]].
 
Slovak e Irons, á súa vez, estaban noutro grupo chamado What is This?, pero os membros máis permanentes dos Chili Peppers (Anthony e Flea) xa non quixeron entrar no mercado punk. A primeira actuación deles foi no Rhythm Lounge, á cal acudiron 30 persoas.<ref>[http://mundomusica.portalmundos.com/red-hot-chili-peppers/ MundoMúsica &raquo Red Hot Chili Peppers<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> Para ese concerto compuxeran unha canción inspirada claramente pola fusión de [[punk]], [[rap]] e [[funk]] do sinxelo "The Magnificient Seven" de [[The Clash]], pero coa nova actitude salvaxe e maior velocidade do [[hardcore punk|hardcore]], a despois coñecida coma "Out in L.A.". O rendemento eo vivo da banda foi tan bo que se lles pediu regresar a semana seguinte. Debido a este inagardado éxito, os membros da banda trocaron o nome polo de Red Hot Chili Peppers, debido a que veron o nome orixinal un pouco incómodo.<ref>[http://www.mtv.es/musica/artistas/the-red-hot-chili-peppers MTV.es | Música | Actualidad | The Red Hot Chili Peppers<!-- Título xerado por un bot -->]</ref> Logo seguiron realizando varios concertos por clubes de L.A. e cabarets coma o Kit Kat Club. É nestes primeiros intres cando comezan a facerse populares polas súas actuacións nas que aparecían completamente nús, con só un calcetín nos xenitais. Seis das cancións que tocaban neses shows foron gravadas na súa primeira demo.<ref>[http://letrasmp3.com/Artista-Red-hot-chili-peppers_111.html Red hot chili peppers - letras de canciones - letrasmp3.com<!-- Título xerado por un bot -->]</ref>