Ángel Pestaña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
máis categorías
m →‎Traxectoria: Solidaridad Obrera (periódico)
Liña 4:
Orfo de pai desde moi novo, e sen chegar a coñecer á súa nai, viuse na obriga de gañarse a vida desde moi pequeno como reloxeiro. Con quince anos foi encarcerado durante tres meses en [[Sestao]] por unhas declaracións espontáneas nun mitin.
 
Tras viaxar polo norte de [[África]] e [[Francia]], Pestaña estableceuse en [[Cataluña]], converténdose nun activista [[anarquismo|anarquista]] local. Participou no congreso da [[Confederación Nacional do Traballo]] de 1918, sendo elixido por unanimidade como o redactor-xefe de ''[[SolidaritatSolidaridad Obrera (periódico)|Solidaritat Obrera]]'', periódico da organización. Baixo a súa dirección, o periódico fixo unha campaña moi ofensiva contra a forza local da policía, acusando ó seu líder de estar a soldo da [[Imperio Alemán|Alemaña imperial]].
 
O 2 de abril de 1919, despois de que as [[folga de La Canadiense|protestas de La Canadiense]] sacudisen Cataluña, foi arrestado e detido e o periódico prohibido. Foi á [[Rusia]] [[bolxevique]] en marzo de 1920, para presentarse na [[Segunda Internacional]] e nas sesións preliminares da [[Internacional Sindical Vermella]], coñecendo a [[Lenin]], [[Lev Trotski|Trotski]], [[Grigory Zinoviev]], [[Karl Radek]] e outros líderes bolxeviques. Ó regreso foi detido outra vez.