Diferenzas entre revisións de «A Gándara, Narón, Narón»

edición
(historia)
(edición)
{{en uso}}
{{Coordenadas|43|29|34.02|N|8|12|1.74|W|display=title}}
{{Outroshomónimos|A Gándara}}
A ocupación máis antiga da zona na que hoxe está A Gándara atopouse en Lóngaras nun cuncheiro que foi escavado polo arqueólogo municipal [[Andrés Pena Graña]]. Entre as cunchas de ostras apareceron anacos de cerámica romana datada no século I antes da era actual e século I despois da era actual.
 
A chegada a Ferrol do ferrocarril de Renfe en 1913 supuxo a construcciónconstrución dunha ponte sobre a ría de Xuvia. A nova liña dende O Couto ata a estrada de Castela na ponte das Cabras supuño unha delimitación territorial. Dende entón A Gándara medrou de costas a esta liña. O proxecto de chegada do tren a Ferrol incluía outra liña desdoblada antes da ponte das Cabras polo actual trazado da Estrada da Trincheira, entón trincheira do ferrocarril, e ía ata Bazán. A liña construiuse pero non tivo railes e o trazado aproveitouse para facer o enlace ca autoestrada. Na Gándara durante moitos anos só se podía entrar e sair por cinco pasos a nivel. Dous deles sen barreiras: o do Couto e o do Colmeote. E outros tres que tiveron ata os anos 1980 garda: A Faisca, as vivendas do Bispo e o da rúa Concepción Arenal. Estes pasos fóronse pechando ata a súa total desaparición ca construción do acceso á estrada [[AP-9]]. O proxecto para construír un apeadero non se concretou e o tren nunca tivo estación na Gándara. O outro acceso por estrada estaba na Frontera, chamada así por estar no límite con Ferrol. Ata a construción do polígono da Gándara o río Inxerto que vai dende a ría de Ferrol pasando por onde está Alcampo facía de barreira natural xunto cas marismas que eran entón a actual parte do polígono da Gándara situado en Ferrol.
 
A construción da ponte das Pías supuxo o inicio do medre da Gándara como cidade dormitorio acollendo a unha onda de traballadores que se achegaban cas súas familias pola proximidade a Ferrol. A finais dos anos 1980 talouse toda a Gándara. Ata entón, dende a beira do mar ata a liña do ferrocarril era un monte principalmente de piñeiros. Aínda pódese ver unha pequena faixa verde dende O Colmeote ata a estrada da Gándara que lembra como era a Gándara entón. A Gándara eran dous topónimos: A Gándara de Abaixo (a zona máis próxima á estrada da Gándara) e a Gándara de Arriba (a parte próxima á rúa Concepción Arenal), as zonas onde concentrábase a poboación. O medre urbanístico entre as dúas zonas e a indefinición dos límites unificou A Gándara como topónimo nos anos 1990. A principios dos anos 1970 o colexio que había na Gándara era o de Santiago Apóstolo. Colexio de pago e no que os alumnos ían de uniforme. Posteriormente inaugurouse o do Feal, colexio público e gratuíto. Despois inaugurouse o colexio de A Solana e máis tarde o da Gándara.
Usuario anónimo