José María Chao Rodríguez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Farmacoloxía mediante HotCat
Xas (conversa | contribucións)
lig int
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo dunha familia de labregos ricos, estudou no colexio de Farmacia de Santiago de Compostela. Durante a invasión francesa alistouse no [[Batallón Literario]]. Participou en varias accións e ingresou como voluntario no Exército, servindo como practicante de farmacia ata 1814. Rematada a guerra, acabou os seus estudios de farmacia e estableceuse en [[Ribadavia]], onde iniciou a actividade política antiabsolutista. Contribuíu a que Galicia fose das primeiras en proclamar o establecemento da Constitución e durante ao etapa[[Trienio constitucionalliberal]] (1820-1823) participou, como miliciano nacional voluntario en Ribadavia, en varias liortas cos absolutistas.
 
En 1826 abriu a súa farmacia en [[Vigo]] que se converteu nun centro de conspiración política polo que, trala caída do réxime liberal na [[Década Ominosa]], foi encarcerado ata [[1829]]. Atribuíuselle o protagonismo do episodio do atentado ao Capitán Xeral [[Nazario Eguía]], carlista e obsesionado cos liberais, moitos dos cales foran fusilados baixo o seu mandato. En 1829 perdeu unha man ao estalarlle un explosivo que contiña unha carta dirixida ao seu nome e que segundo todas as sospeitas só podía ter sido fabricada por un químico experto en explosivos, como era Chao, que unía aos seus coñecementos de química a experiencia adquirida na Guerra da Independencia. Nos anos seguintes Chao sufriu prisión varias veces por cuestións políticas, o que lle supuxo graves problemas económicos.
 
Marchou a Santiago de Compostela onde foi nomeado socio da [[Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago]]. Regresou a Vigo e, a finais de 1835, o gobernador de Pontevedra deulle unha comisión para realizar as fumigacións dos buques sospeitosos de ser focos de contaxio de enfermidades infecciosas. Nos anos seguintes sufriu prisión varias veces por cuestións políticas, o que lle supuxo graves problemas económicos.
 
A Xunta Gobernativa de Santiago de Compostela nomeouno boticario do Gran Hospital compostelán, e en 1843 a Xunta Central de Galicia designouno catedrático de Farmacia Experimental do colexio de Farmacia que se pretendía reabrir na Universidade. En 1850, o Ministerio nomeouno profesor de química e historia natural da Escola do Porto de Vigo.
Liña 12:
Tivo unha destacada actuación na epidemia de cólera morbo que padeceu a [[provincia de Pontevedra]] arredor en 1854, polo que recibiu o recoñecemento da Xunta de Sanidade. Por este motivo publicou ''Específico contra el cólera'' (1854), na que expón os síntomas do cólera e o emprego dun medicamento co que obtivo beneficiosos resultados entre a poboación afectada. A preocupación polo tema sanitario, manifestada tamén nas denuncias contra a violación das disposicións sanitarias e as irregularidades que se cometían no lazareto da [[illa de San Simón]], fixo que en 1858 a Xunta provincial de Sanidade lle confiase a dirección facultativa do botiquín que debía establecerse neste lazareto e a subministración das fumigacións.
 
Pai de [[Eduardo Chao Fernández|Eduardo]] e [[Alejandro Chao Fernández]].
 
==Obras==
Liña 21:
*[http://www.ranf.com/pdf/discursos/ina/2010.pdf Anecdotario de los primeros años de la Facultad de Farmacia de Santiago de Compostela (Siglo XIX): Un recuerdo a sus profesores y alumnos distinguidos] por José Miñones Trillo.
 
{{ORDENAR:Chao Rodriguez, JoséJose Maria}}
[[Categoría:Personalidades da política de Galicia]]
[[Categoría:Nados en Leiro]]
[[Categoría:Nados en 1790]]