Juan Compañel: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
engado info e ref
Xas (conversa | contribucións)
completo info
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Fillo do impresor [[Francisco Luis Compañel]]. Logo da morte do pai ocupouse da empresa familiar Viuda e Hijos de Compañel. Entre 1852 e 1856 deixou a imprenta familiar e trasladouse a [[Vigo]], onde publicou ''[[La Oliva (periódico)|La Oliva]]'' con [[Uxío Carré Aldao]] e [[Manuel Murguía]]. En abril de [[1857]] o goberno suspendeu a publicación, que tomou o nome de ''[[El Miño (Vigo)|El Miño]]'' volvendo á súa primeira denominación en 1868. Na súa imprenta publicouse o [[17 de maio]] de [[1863]] ''[[Cantares Gallegos]]'' de [[Rosalía de Castro]]. En 1863 casou con Emilia Chao Fernández, filla de [[José María Chao Rodríguez]], converténdose en cuñado de [[Eduardo Chao Fernández|Eduardo]] e [[Alejandro Chao Fernández]]. En [[1873]] marchou a [[Cuba]], foi secretario do concello de La Catalina e fundou e dirixiu ''La Lealtad'' (1882) de [[Cienfuegos, Cuba|Cienfuegos]], ''Diario de Cárdenas'' (1883) e ''La Unión'' de Colón. Volveu a Vigo en [[1891]] para recuperarse do seu feble estado de saúde, e regresou a Cuba dous anos máis tarde.
 
==Véxase tamén==