Epipaleolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: algo máis desde a wiki .es
→‎Notas: algo máis desde a wiki .es
Liña 35:
 
No norte de Europa, colonizado tardíamente, destacou o '''maglemosiense''', contemporáneo do complexo xeométrico, caracterizado polos seus microlitos e abundante industria en ósos, cornos e madeira. Despois, mentres o Neolítico estendíase polo continente, apareceu o '''erteboliense''', con grandes concheiros, necrópoles e cerámica, signo evidente de [[aculturación]].<ref>{{cita libro | nome = Josep Mª | apelidos = Fullola | coautor = Nadal, Jordi | páxina = 118,120}}</ref>
== Arte ==
Ao terminar o Paleolítico Superior tamén desapareceron con el as súas espléndidas manifestacións artísticas, aparecendo outras novas, influenciadas, inevitablemente, polos cambiantes factores climáticos e os novos hábitos socio-económicos. O problema desta nova '''arte postpaleolítico''' é que resulta moi difícil de [[Datación|datar]] e os investigadores non se pon de acordo acerca da súa periodización. Uns opinan que representacións como as da '''arte naturalista levantino''' son xa do Neolítico inicial, outros que é anterior. De calquera xeito a arte non desapareceu e seguímolo atopando en [[abrigo rochoso|abrigos rochosos]] (arte parietal) e en obxectos persoais (arte moble).
 
A arte volveuse conceptual e racionalista, baseado no xeométrico e o abstracto.<ref>{{cita web |url= http://www.arteespana.com/artemesolitico.htm |título= Arte Mesolítico |obra= |editor= arteespana.com |lugar= |páxina= |lingua=castelán |trans_title= |dataacceso= 18-11-2012}}</ref> A cultura [[aziliense]] da cornixa cantábrica e do [[Pirineos|Pirineo]] francés deparounos abundantes cantos rodados decorados con seriacións de bandas, puntos, ramiformes, etc., de carácter abstracto, e aos que se lles outorga un significado máxico/simbólico.
 
 
No [[Levante español]] grupos humanos deixaron pinturas que mostran unha evolución do [[arte rupestre]] cara a modelos máis esquemáticos. Nas paredes dos abrigos, estes homes pintaron complexas escenas de caza, de danzas e ritos máxicos.<ref>{{cita web |url= http://www.memo.com.co/fenonino/aprenda/historia/escultura-pintura.html#mesolitico |título= La Escultura y la Pintura Rupestre del Paleolítico Superior |obra= |editor= memo.com.co |lugar= |páxina= |lingua=castelán |trans_title= |dataacceso= 19 de septiembre de 2010}}</ref> As figuras están feitas con pigmentos negros ou avermellados, e son moi estilizadas. A pesar diso pódense identificar personaxes como [[feiticeiro]]s/[[chamán]]s, grazas aos tocados que lles cobren a cabeza, aos bastóns que levan e aos adornos que lles colgan de xeonllos e brazos; tamén se aprecian homes con plumaxes e brazaletes en brazos e nocellos, mentres que as mulleres locen longas saias. Hai moito movemento (como contraste coa arte paleolítico) e as loitas entre grupos aparecen con relativa frecuencia, con batallas de arqueiros que ata chegan ao corpo a corpo.
== Notas ==