Epipaleolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Idades}}
m →‎Notas: algo máis desde a wiki .es
Liña 25:
A industria lítica mostra unha clara tendencia á fabricación de pequenos utensilios adaptados ás novas situacións e usos, moi especializados, os [[microlito]]s. Estes eran utilizados para a recolección de moluscos e para a súa apertura, como puntas de frecha, nos arpóns, como [[raspador]]es, [[buril]]es, etc. As armas máis abundantes foron os arcos, feitos de madeira e tendóns animais, con frechas que incorporaban na súa punta microlitos de variadas formas xeométricas: triángulos, trapecios, etc. Tamén se usaron frechas e arpóns manufacturados enteiramente en óso, en [[corno]] ou en madeira.
 
== Rexionalización ==
Se por algo se caracteriza o '''Epipaleolítico''' é polo inicio dunha clara rexionalización que se aprecia na cultura material dos grupos humanos de diferentes zonas. Rexionalización que, posiblemente, foi a consecuencia da redución das súas áreas de captación de recursos e, xa que logo, dos seus "intercambios" culturais con outros grupos. En Europa hanse de diferenciar dúas grandes áreas:
* as rexións meridionais e centrais, que non habían estado cubertas polo xeo e cuxas poboacións paleolíticas proseguiron as súas propias pautas de evolución;
* as rexións setentrionais, que comezaron a ser repoboadas ao retirarse os glaciares.<ref>{{cita libro | nome = Josep Mª | apelidos = Fullola | coautor = Nadal, Jordi | páxina = 113,117}}</ref>
 
Na área mediterránea ibérica e francesa, foron identificados dous complexos culturais sucesivos: o '''microlaminar''', que deriva do [[magdaleniano]] paleolítico, pero sen industria ósea, con menos [[buril]]es e máis [[raspador]]es; e o '''xeométrico''', con abundantes microlitos de forma triangular e/ou semicircular, primeiro, e trapezoidal despois (este complexo foi identificado e denominado en Francia cos apelativos de [[sauveterriense]] e [[tardenoisiense]]).
 
Na costa cantábrica e Pirineo francés destacou inicialmente o [[aziliense]], caracterizado polos seus arpóns, máis ovalados que os anteriores magdalenianos, e polos abundantes cantos rodados pintados interpretados como obxectos máxicos e/ou rituais. Posteriormente na costa desenvolveuse o [[asturiense]] cuxos '''picos''' de factura arcaica poderían estar relacionados co masivo uso dos moluscos mariños que estas xentes deberon facer, como o proban os abundantes ''concheiros'' atribuídos a esta cultura.
 
No norte de Europa, colonizado tardíamente, destacou o '''maglemosiense''', contemporáneo do complexo xeométrico, caracterizado polos seus microlitos e abundante industria en ósos, cornos e madeira. Despois, mentres o Neolítico estendíase polo continente, apareceu o '''erteboliense''', con grandes concheiros, necrópoles e cerámica, signo evidente de [[aculturación]].<ref>{{cita libro | nome = Josep Mª | apelidos = Fullola | coautor = Nadal, Jordi | páxina = 118,120}}</ref>
== Notas ==