Cronista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: algo máis desde a wiki .es
→‎Véxase tamén: algo máis desde a wiki .es
Liña 16:
 
Algúns cronistas destacados son: [[Bernal Díaz del Castillo]], [[Fernando de Alva Ixtlilxóchitl]], [[Inca Garcilaso de la Vega]], [[Pedro Cieza de León]], [[Hernán Cortés]], [[López de Gómara]], [[Diego Durán]], [[Francisco Ximénez]], Frei [[Toribio de Benavente]], Frei [[Bernardino de Sahagún]], Frei [[Francisco Vásquez]], entre outros.
== Uso posterior do termo ==
O termo cronista comezou a utilizase máis a miúdo para designar ao autor de relatos contemporáneos. Á vez que se desenvolveu a [[historia]] como ciencia, e cun obxectivo que é á vez narrar e explicar o pasado, o cronista pasou a ser o simple relator de feitos espidos, recopilador de fontes ou escritor [[Costumismo|costumista]], sobre todo cando se utiliza a súa función de cronista local (para o [[Madrid]] do [[Romanticismo]], [[Ramón de Mesonero Romanos]]).
 
 
A finais do século XIX, co desenvolvemento do [[xornalismo]] popular, o de cronista converteuse nun oficio con pautas cada vez máis claras e específicas. Nos diarios modernos, é o que vai en busca das noticias e redáctaas sen aditamentos como puidesen ser as opinións, análises, parágrafos valorativos, que deben estar ausentes das crónicas. Os diarios estadounidenses, especialmente, fixaron normas para a súa redacción. A concisión e precisión do relato foron desde entón requirimentos básicos para a tarefa do cronista. De acordo cos manuais de redacción dos primeiros grandes diarios americanos e europeos, o cronista debe expor no primeiro parágrafo ''que ocorreu, cando ocorreu, onde ocorreu, como ocorreu'', e, se é posible facelo de forma inmediata e sen incluír reflexión ou opinión, ''por que ocorreu''. O resto da crónica será unha ampliación do breve relato inicial, en orde decreciente de importancia. Os cronistas achegan o material básico dos xornais, pero non son por iso son os xornalistas menos cualificados. O traballo do cronista é altamente valorado pola capacidade de captación en grao sumo importante ou novo nun suceso e dos detalles que resulten significativos ou emocionalmente impactantes (o ''[[interese humano]]'').
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===