André, apóstolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 17:
Cando Xesús se compadece do xentío esfameado que ían tras del e manda aos discípulos que lles dean de comer, é André quen lle indica que hai un rapaz que ten uns poucos pans e uns poucos peixes; preludio do milagre máis masivo realizado por Xesús narrado en todos os evanxeos sinópticos e tamén no de Xoán e que provoca o entusiasmo das xentes que queren proclamar a Xesús Rei.
 
Sería tamén un dos discípulos que se indignan cando [[Santiago o Maior]] e [[Xoán o Evanxelista|Xoán Evanxelista]] reclaman para si os primeiros postos, o que provoca a ensinanza de Xesús verbo de ''quen queira ser o primeiro fágase o o servidor de todos''.
 
Cando Xesús é apreixado, foxe xunto cos demais discípulos, agás algunhas mulleres. Pechado e amedrentado con eles ten unha experiencia de [[resurrección]] e [[pentecoste]] que lle da pulos para predicar a Boa Nova (''Evangelion'') da salvación a todos os homes.