André, apóstolo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 21:
Cando Xesús é apreixado, foxe xunto cos demais discípulos, agás algunhas mulleres. Pechado e amedrentado con eles ten unha experiencia de [[resurrección]] e [[pentecoste]] que lle da pulos para predicar a Boa Nova (''Evangelion'') da salvación a todos os homes.
 
[[Eusebio de Cesarea]], na súa ''Historia Eclesiástica'', citando a [[Oríxenes]], afirma que André predicou por [[Asia Menor]] e en Escitia ao longo das ribeiras do [[Mar Negro]], [[Gregorio NacianzenoNacianceno]] indica [[Epiro]], [[Teodoro]] Hellas, existindo tradicións que o fan remontar o [[Río Volga|Volga]] e o [[Dnieper]] e chegar alén da actual [[Kiev]].
 
Os ''Feitos de San André'', un escrito apócrifo dos primeiros séculos do cristianismo, menciona a fundación da Sé de [[Constantinopla]] ou [[Bizancio]]. O que co tempo daría azos e lexitimidade ao [[Patriarcado de Constantinopla]] que disputaría a primacía con Roma, a Sé de Pedro.