Aldara de Celanova: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
mSen resumo de edición |
||
Liña 12:
O autor da ''Vita Rudesindi'', xa do [[século XII]], di que o conde de Galicia [[Gutier Menéndez]] ''gozábase na beleza da súa santa esposa'' e narra os rogos de ámbolos dous, nos distintos santuarios do reino, para teren descendencia, algo que lle foi prometido a Ilduara nun doce soño na igrexa de San Salvador. No ano [[912]], o conde Gutier doou a súa esposa a metade dos seus bens, incluídos os futuros. Pola súa banda, o matrimonio obtivera doazóns dos reis de Galicia [[Ordoño II]] e [[Elvira Menéndez]] e do fillo daquel o rei de Galicia [[Sancho Ordóñez]] e a súa esposa a raíña [[Goto]] (ano [[927]]).
Dunha fonda relixiosidade, fundou comunidades monacais ás que fixo grandes regalías e que foron o alicerce do monacato galego impulsado polo seu fillo.
Xa finada, foi soterrada no mosteiro de San Salvador de Celanova, por petición de seu fillo, San Rosendo.
==Descendencia==
|