Uretra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 25:
| [[uretra membranosa]] || Unha pequena porción (1 ou 2 cm) pasa a través do [[esfínter uretral externo]]. Este é a parte máis estreita da uretra. Vai desde o polo inferior da próstata ao bulbo do corpo esponxoso. As [[glándula bulbouretral|glándulas bulbouretrais]] (ou de Cowper) están na parte posterior desta rexión pero ábrense na [[uretra esponxosa]]. || [[Columnar pseudoestratificado]]
|-
| [[uretra esponxosa]] (ou ''uretra do pene'') || Percorre toda a lonxitude do pene, pero non polo seu centro, senón pola súa parte inferior ou ventral. Ten uns 15–16&nbsp;cm de lonxitude, e viaxa por dentro do [[corpo esponxoso]] do pene. Os condutos das [[glándula uretral|glándulas uretrais]] (ou de Littré) desembocan aquí, e tamén están aquí as desembocaduras das glándulas bulbouretrais.<ref>Atlas of Human Anatomy 5th Edition, Netter.</ref> Algúns libros subdividen a uretra esponxosa en dúas partes, a uretra bulbosa e a pendulosa. O [[lume (anatomía)|lume]] uretral é máis estreito na parte final, o orificio ou meato uretral externo. A parte final correspondente ao glande está alargada formando a fosa navicular, que é máis vertical. Isto produce un fluxo espiral de urina, o que contribúe a limpar o meato uretral externo. As mulleres non teñen un mecanismo equivalente, o que en parte explica por que teñen infeccións do tracto urinario máis frecuentes.|| [[Columnar pseudoestratificado]] na zona proximal, e [[escamoso estratificado]] na distal
|}