Epitelio de transición: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
==Características==
O grosor do epitelio de transición varía ao longo do tracto urinario. Nos cálices renais só ten dúas ou tres células de grosor, no uréter ten catro ou cinco, e na vexiga contraída ten de seis a oito.
 
O epitelio de transición da vexiga está sometido a grandes cambios de tensión debido ao grao de enchemento de dito órgano en cada momento. Cando a vexiga está contraída e pouco chea, o epitelio consta de moitas capas celulares con distinta morfoloxía: as máis profundas son cuboideas ou cilíndricas, enriba teñen células poliédricas irregulares e as da capa superior, que dan á luz, son grandes e cunha superficie arredondada moi característica. Polo contrario, cando a vexiga está moi chea e o órgano está distendido, o estiramento do epitelio fai que se distingan só dúas capas: a inferior con células cuboideas e a superior, que dá á luz, con células planas (escamosas) e grandes.<ref name=Fawcett>D. W. Fawcett. Tratado de Histología. Editorial Interamericana-Mc. Graw Hill. 11ª edición. Páxinas 62-64, 793-795. ISBN 84-7605-361-4.</ref>