Guerra do Peloponeso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
TjBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Engado: lv:Peloponēsas karš
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
A '''guerra do Peloponeso''' designa o conflito que durou de [[-431]] a [[-404]], enfrontando a [[Atenas]], que transformara a [[liga de Delos]] (destinada na súa orixe a resistir aos [[Imperio Persa|persas]]) nun imperio sometido ao seu poder, e a [[Esparta]], potencia oligárquica e conservadora, cuxo exército terrestre era a forza militar máis poderosa da época, e que dirixía a [[Liga do Peloponeso]], así como a [[Beocia]].
 
== Causas da guerra ==
Liña 109:
Entón Alcibíades é chamado de novo e obtén tres vitorias navais contra os espartiatas en [[Batalla de Cinosema|Cinosema]], [[Batalla de Abidos|Abidos]] en [[-411]], e logo en [[Batalla de Cízico|Cízico]] en [[-410]]. [[Atenas]] rexeita entón unha proposición de paz espartiata. Alcibíades retoma o control dos Estreitos ([[Asedio de Bizancio|asediando]] e tomando Bizancio en [[-409]]), logo resulta novamente exiliado tras a desfeita de [[Batalla de Nocio|Nocio]].
 
[[Esparta]] obtén o apoio do rei dos Persas, que envía ao seu fillo [[Ciro o Novo|Ciro]]. Este xúntase con [[Lisandro]], o navarca espartiata, e concédelle unha importante axuda financeira. En [[-406]], [[Calicrátidas]], sucesor de Lisandro, bate a [[Conón]]. [[Atenas]] recupérase, nun último impulso, prometendo a cidadanía aos [[meteco]]s e aos escravos para constituír unha flota que bate a Calicrátidas na [[Batalla das illas Arxinusas]], pero con moi graves perdas, que causan a condena a morte de todos os estrategos atenienses á súa volta.
 
Lisandro, substituíndo a Calicrátidas morto nas Arxinusas, retoma o mando da flota espartiata. A flota ateniense, en posición nos [[Dardanelos]] co fin de garantir a ruta do trigo procedente do [[Mar Negro]], é sorprendida e destruída na [[Batalla de Egospótamos]]. As últimas fontes de avituallamento de [[Atenas]] desaparecen coa súa flota. Atenas tenta resistir desesperadamente: ofrece o dereito de cidadanía aos [[Illa de Samos|samios]], derradeiros aliados fieis, e consolida as súas fortificacións. Pero, sometida ao bloqueo terrestre e marítimo, desfeita pola fame, debe capitular en [[-404]].