Cason: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
m
Lameiro (conversa | contribucións)
máis
Liña 31:
Na factoría reprodúcense os enfrontamentos e o Comité de Empresa acorda rexeitar a entrada dos camións, para o que coloca maquinaria pesada obstruíndo os accesos, á vez que ameaza con impedir que o Goberno Civil use o porto con este fin e co abandono das instalacións polos traballadores. Os intentos da dirección, de membros de [[Protección Civil]] e do mesmo Gobernador Civil en persoa, desplazado ante o Comité, de obxectivizar o risco (os produtos transportados nos bidóns non representaban perigo ningún) foron infrutuosos, así como as propostas ó gobernador de efectuar a carga no porto de Morás ou noutros portos próximos (ó que opoñen terminantemente as autoridades locais correspondentes).
 
Finalmente, na mañá do día 13 parece chegarse ó acordo de facer a carga en Morás, sen entrar na factoría nin usar o porto da empresa, sen necesitar que ningún dos operarios da empresa tivesen que intervir na operación da carga no barco. Non obstante, na mañá do día 14, cando os camións se poñen en marcha, os traballadores abandonan a fábrica sen cubrir os servizos mínimos. Os mandos da planta intentan manter as cubas en funcionamento pero non son quen.
 
Con toda a rapidez posible o ''Galerna'' entra no porto de Morás e remátase a carga ás 21:30 horas, para abandonar o porto menos de unha hora despois. O xefe de Protección Civil expide un certificado de non contaminación. Pero aínda así, os traballadores non se reincorporan ós seus postos pois esixen que non se tomen represalias nin se lles desconten as horas non traballadas, condicións que a dirección da empresa non acepta, á vez que advirte que a situación das cubas é crítica e que existe o perigo de paralización. As negociacións sucédense durante toda a mañá do día 15, sen que ninguén se reincorpore ó traballo, e prodúcese a paralización, apagándose liñas que alimentan as cubas de electrólise sen aplicar o procedemento de parada establecido, polo que o [[aluminio]] se solidifica no seu interior.
, para o que acordan que os traballadores abandonasen as instalacións, baseándose na posible perigosidade da súa carga A consecuencia da paralización da actividade da factoría, apagáronse as cubas de electrólise sen aplicar o procedemento de parada establecido e o [[aluminio]] solidificouse no seu interior. O custo da avaría provocada e os derivados de poñer de novo a factoría en funcionamento estimouse en máis de 20.000 millóns de pesetas, aínda que a aseguradora estatal Musini só recoñeceu 3.300 millóns. A empresa despidiu a 111 traballadores pero, tralo posterior xuízo, tivo que readmitir a todos excepto os 23 representantes do Comité de Empresa. Un dos membros do Comité explicaba anos despois que a empresa aproveitou a ocasión para desfacerse do Comité e acabar co conflito laboral que viña xestándose desde un ano antes para evitar unha reconversión <ref>"Alúmina-Aluminio: unha carga inesperada", en ''Galiciae.com'', 5.07.2012 [http://www.galiciae.com/nova/3541.html].</ref>.
 
O custo da avaría provocada e os derivados de poñer de novo a factoría en funcionamento estimouse en máis de 20.000 millóns de pesetas, aínda que a aseguradora estatal Musini só recoñeceu 3.300 millóns. Unha vez paralizada irreversiblemente a liña de fabricación, a empresa endurece a súa postura e adopta medidas disciplinarias: o despido de 111 traballadores por non prestar os servizos mínimos necesarios <ref>En realiade, os operarios citados para tales servizos ascendeu a case 500 empleados, pero os 111 despedidos eran os que traballaban nas instalacións onde se produciran os danos máis graves. Esta discriminación foi a base de que eses despidos fosen declarados nulos.</ref> e apertura de expediente disciplinario ós 23 membros do Comité de Empresa, que tamén se resolveu no seu despido, neste caso, procedente.
 
Un dos membros do Comité explicaba anos despois que a empresa aproveitou a ocasión para desfacerse do Comité e acabar co conflito laboral que viña xestándose desde un ano antes para evitar unha reconversión <ref>"Alúmina-Aluminio: unha carga inesperada", en ''Galiciae.com'', 5.07.2012 [http://www.galiciae.com/nova/3541.html].</ref>.
 
Ó ser rexeitada a carga en Alúmina-Aluminio, os camións foron descargar ó porto de [[Morás, Xove|Morás]], en Xove, onde se repetiron as protestas e as concentracións de veciños. Finalmente a carga foi embarcada o día 12 no barco ''Galerna'' e trasladada a Antuerpen, onde foi descargada sen que se producise conflito ningún <ref>As sospeitas non desapareceron, e quince anos despois aínda escribía a prensa que "''Son muchas las voces que aún desconfían de la versión oficial e incluso hai quien asegura que los bidones nunca llegaron al puerto de Rotterdam''" (''La Voz de Galicia: ola negra'', px. 69.</ref>. A citada reportaxe sobre o informe da Comisión parlamentaria concluía dicindo que "''la comisión, con todos sus parlamentarios, que son nuestros representantes democráticos, desconoce hoy día la carga exacta del Cason y duda que la Administración sepa más que ellos''" <ref>''El País'', 1.03.1989.</ref>.