White Collar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 40:
==Argumento==
Neal Caffrey, un convicto, falsificador e ladrón, é capturado tras escapar durante tres anos do [[FBI]]. Faltándolle só uns meses para terminar de cumprir unha condena de catro anos, escapa dunha prisión federal de máxima seguridade para atopar a Kate, a súa moza. Peter Burke, o axente do FBI que inicialmente capturou a Caffrey, atopouno e levouno de volta ao cárcere. Esta vez, Caffrey dálle a Burke información sobre probas atopadas doutro caso; porén, esta información tiña un prezo: Burke debía ter unha reunión con Caffrey. Neste encontro, Caffrey propúxolle un trato: el axudaríalle a coller a outros criminais como parte dun programa de traballo de liberación. A través da captura exitosa de varios ladróns de guante branco, Caffrey demostroulle a Burke que o axudaría e que non trataría de escapar outra vez. Este é o comezo dunha asociación pouco convencional pero exitosa.
 
==Protagonistas==
Matt Bomer como Neal Caffrey – un experto falsificador e ladrón que foi metido ó cárcere tras ser capturado polo axente especial Peter Burke. Neal escapa da prisión co fin de atopar á súa moza, pero volve ser capturado rapidamente por Peter. Neal propón convertirse no consultor do FBI, quedando libre ca condición de que leve un monitor de tobillo para poder monitorizar os seus movementos. Neal ten un considerable coñecemento sobre historia, xoias, viño e arte, como a literatura, pinturas occidentales, teatro e ópera, aínda que se revela na segunda temporada que nunca se graduou. A pesar de haber tido a oportunidade de crear unha nova e honesta vida para él mesmo, a menudo bota de menos a súa antiga vida, forzándose a ter que elexir entre unha ou outra.
 
 
==Notas==