Arte paleolítica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Sen resumo de edición
Liña 4:
A arte nace no [[Paleolítico Superior]], pouco despois do ano 35 000 a. de C., cando os [[ser humano|seres humanos modernos]] poboaban practicamente todo o globo terráqueo. Con todo, as súas manifestacións fundamentais, por non dicir case as únicas, parecen reducirse a [[Europa]], ao sur do límite que marcarían os xeos durante a [[Glaciación de Würm]].
 
A arte mural das covas (chamada ''Arte Parietal'') concéntrase moi intensamente en certas rexións [[Francia|francesas]] ([[Dordoña]], [[Mediodía-Pireneos|Pireneos franceses]], [[Corrèze]], [[Charente]], [[Alto Loira|Loira]], [[Hérault]], [[Lot e Garona]]) e [[España|españolas]] ([[Cornixa Cantábrica]], [[Pireneos]], [[Mar Mediterráneo|Costa Mediterránea]] e algúns puntos da [[Meseta Central]]), aínda que ocasionalmente pode aparecer en [[Portugal]], [[Italia]],[[España]], [[Europa Oriental]] e pouco máis. Non se pescudou o motivo que explique por que non se acharon restos de arte paleolítica parietal no resto do mundo.
 
A ''Arte Mobiliar'' (definida como obxectos decorados que poden ser transportados) é máis abundante, estendéndose non só por [[Francia]] e [[España]], senón tamén polos vales do [[Danubio]], do [[Río Don|Don]] e a cunca do [[Lago Baikal|Baikal]], xa en [[Asia]]. Hai restos esporádicos no resto do mundo, como se indica ao final.