Licaonia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
m →‎Historia: Asia (provincia romana)
Liña 21:
Caeu en poder de [[Alexandre o grande]] o [[-334]], e á súa morte pasou sucesivamente a [[Pérdicas]] (rexente de Asia) o [[-322]], a [[Antígono]] ([[-321]], rei desde o [[-306]]) e [[Seleuco I Nicátor]] ([[-301]]). Formou parte do [[Imperio Seléucida]] ata o [[-189]] se ben do [[-244]] ao [[-228]] formou parte do reino de [[Cilicia]] que se creara para [[Antíoco Híerax]] ([[-244]] - [[-227]]). Sobre o [[-228]] caeu en mans do rei de [[Pérgamo]], pero sobre o [[-223]] foi reconquistada polos seléucidas, que a conservaron ata a [[batalla de Magnesia do Sipilos]] ([[-190]]) perdéndoa nos seguintes meses, e quedando incorporada a Pérgamo pola paz ou [[tratado de Apamea]] ([[-188]]). Sobre o [[-158]] unha parte (ao norte) foi incorporada á tetrarquía de [[Galacia]].
 
Incorporado Pérgamo ao reino en Roma, Licaonia formou parte da provincia de [[Asia, Provincia(provincia romana)|Asia]] se ben unha parte (o oriente) foi transferida a Capadocia (e formou a undécima estratexia ou distrito). O [[-64]] [[Gneo Pompeio]] reorganizou a administración despois das [[Guerras Mitridáticas]], e Licaonia quedou repartida, coa parte norte definitivamente incorporada a Galacia, a parte leste a Capadocia e o resto á provincia de Cilicia.
 
Sobre o comezo do [[século II]] foi separada de Cilicia e unida á provincia de Capadocia por [[Traxano]]. O [[284]], na reorganización de [[Diocleciano]], quedou dentro da provincia de Pisidia, pero no [[371]] converteuse en provincia separada con capital en Iconium (a moderna [[Konya]]). Aínda era provincia separada en tempo do emperador bizantino [[Xustiniano]].