Pisidia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: Asia (provincia romana)
Liña 39:
O [[-301]] o país, que seguía de feito independente, pasou aos seléucidas que estableceron algunhas cidades como [[Seleucia Sídera]] e dominaron mellor o país, pero só parcialmente, a pesar de que o helenismo fixo moito camiño. Durante a época seléucida os pisidios dedicáronse a faceren correrías polas rexións veciñas.
 
Derrotado [[Antíoco III o grande]], coa paz de [[Apamea]] o país foi asignado ao [[Reino de Pérgamo]] ([[-188]]), pero permaneceu independente de feito; o [[-133]] o Reino de Pérgamo pasou por testamento en Roma e Psidia quedou dentro da provincia de [[Asia, Provincia(provincia romana)|Asia]], e sobre o [[-125]] foi entregada ao [[reino de Capadocia]], que non puido manter o control sobre ela, volvendo pronto a Roma ([[-102]]); os romanos tivérona que conquistar e o [[-88]] foi incluído en [[Cilicia]] xunto con tres distritos de Frixia ([[Laodicea]], [[Apamea]], e [[Synnada]]); outra vez parte da provincia de Asia na metade do [[século -I|século I a.C.]], sobre o [[-39]] foi doada por [[Marco Antonio]] ao seu aliado o tetrarca [[Amintas]] de [[Galacia]], ao que encargou de someter aos bandidos coñecidos como ''homonadenses'', que dominaban a zona montañosa e controlaban as comunicacións entre Psidia e Panfilia, pero Amintas morreu na loita e [[Galacia]] converteuse en provincia romana incluíndo Psidia; finalmente os ''homonadenses'' serían exterminados o ano [[-3]], pero os romanos aínda non puideran establecer ningunha colonia ou manter gornicións e as cidades sometidas simplemente pagaban un imposto, pero conservaban a independencia. Baixo Augusto déronse terras aos veteranos do exército e establecéronse oito colonias, salientando as de Antioquía, Sagalassus, Olbasa, Cremna e Comama.
 
Progresivamente a rexión latinizouse. Antioquía foi visitada por [[Paulo de Tarso]] e despois do [[311]] foi a sede metropolitana de Psidia.