Thema: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m →‎Organización do themata: Frixia (rexión)
Liña 21:
Heraclio orixinariamente dividiu os territorios existentes do imperio en cinco ''themata''. Estaba o Armenio (en [[667]]), o Anatólico (en [[669]]), o Opsicio, o Carabisiano e o Tracio (este tres en [[680]]). O ''thema'' armenio estivo orixinalmente composto do [[Ponto]] e [[Capadocia]], espallándose dende [[Sínope]] até [[Trebisonda]] no [[mar Negro]] e estendéndose até terra firme en Cesárea (en termos actuais comprendería a maioría do cuarto nordés da [[Turquía]].
 
O ''thema'' Tracio orixinalmente constaba dunha franxa de territorio que abrazaba a costa desde [[Dirraquia|Dirraquio]] en [[Tracia]], comprendendo a maioría de [[Grecia]], [[Albania]] e da Turquía europea, incluíndo [[Constantinopla]]. O ''thema'' Opsicio estaba composto de toda [[Bitinia]] e [[Paflagonia]], estendéndose dende [[Abidos (Grecia)|Abidos]] nos [[Dardanelos]] até Sínope no mar Negro e terra firme en [[Ankara]] (a maior parte do cuadrante noroeste da actual Turquía asiática). O cuadrante suroeste da actual Turquía estaba dividida entre os ''themata'' Anatólico e Carabisiano. O ''thema'' Carabisiano era unha estreita franxa territorial que comprendía a provincia costeira de [[Panfilia]] e a illa de [[Rodas]]. O ''thema'' Anatólico rodeaba o ''thema'' Carabisiano e orixinalmente formábano as provincias de [[Licia]], [[Frixia (rexión)|Frixia]], [[Pisidia]] e partes de [[Galacia]] e [[Isauria]] (abranguía dende o territorio de [[Esmirna]] até [[Iconio]], e do Mediterráneo até [[Mersin|Marsin]], cara ao leste). Este cinco thematas orixinais foron subdivididos máis tarde e engadíronse ao imperio novos themas durante a expansión territorial levada a cabo durante os séculos IX e X.
 
== Orixes do ''themata'' ==