Laocoonte e os seus fillos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Estudo da obra: arranxiño
Liña 59:
== Estudo da obra ==
[[Ficheiro:Laocoon Pio-Clementino Inv1059-1064-1067 n2.jpg|thumb|right|300px|Detalle do rostro de Laocoonte, cheo de dramatismo.]]
A obra está enmarcada dentro dunha composición de figura [[Pirámide (xeometría)|piramidal]], e a mellor posición para a súa observación é a frontal; a obra representa as emocións humanas na súa máxima expresión patética. É, xunto ao [[Altar de Zeus de Pérgamo|gran altar de Zeus e Atenea de Pérgamo]] ([[-180 a. C.|180]]-[[-160 a. C.|160&nbsp;a.&nbsp;C.]]), un exemplo da escultura escenográfica helenística dun dramatismo máis extremado.<ref>García Sánchez y Triadó, ''Arte griega''.</ref> Dende o [[Renacemento]], este grupo é representativo da [[arte antiga]] e da corrente académica e barroca da [[arte helenística]].<ref>Chamoux, ''Arte Griega'', páx. 99.</ref>
 
A expresión de culpabilidade e o gran dramatismo de Laocoonte, que fai contorsións en dolorosa agonía, son estremecedores.<ref>Richter, ''El arte Griego'', páx. 174.</ref> Dentro do grupo, as dúas serpes monstruosas, que se enroscan para matar de acordo ao castigo imposto polos deuses, forman parte da [[composición visual]] do grupo, e coas súas liñas curvas consegue a unión entre todos os personaxes, feito que axuda a mostrar a dinámica que se desprende do grupo. Hai unha vontade de esaxerar o efecto teatral da [[anatomía]], máis acentuado que o altar de Pérgamo, e engádese a dor moral de Laocoonte ao presenciar a morte dos seus dous fillos.<ref>Pijoan, ''Historia del arte'', páx. 228.</ref><ref name=SALVAT />