Arcadio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.3) (Bot: Engado: diq:Arcadius
Liña 23:
Como medio de tranquilizar aos visigodos, Arcadio concedeu o título de prefecto da provincia de [[Ilírico]] a Alarico, que vía desa forma legalizada institucionalmente a presenza visigoda dentro do Imperio Oriental. En [[401]] os visigodos abandonaron o Imperio Oriental e penetraron en [[Italia]], posibelmente instigados desde [[Constantinopla]], que así vía afastarse o problema godo da súa xurisdición.
 
Doutra banda os [[hunos]] realizaron incursións dentro do Imperio Oriental desde [[395]]. O prefecto de pretorio Eutropio fixo fronte ás incursións con éxito e isto levouno a asentar a súa posición á fronte do goberno, dotándoo de prestixio e autoridade. Con todo en [[399]] autonomeouse [[Cónsul romano|cónsul]], unha dignidade que ata aquel entón non ostentara nunca un [[eunuco]]. Este feito provocou unha rebelión das tropas enviadas á súa vez a sufocar unha revolta en [[Frixia (rexión)|Frixia]]. Malia as reticencias que tiña o emperador, a emperatriz Eudoxia convenceuno para que depuxese ao eunuco do seu cargo. Comeza así en [[399]] o período de influencia da emperatriz Eudoxia.
 
== A influencia de Eudoxia ==