Monk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
m r2.7.2+) (Bot: Modifico: fa:مانک
Sen resumo de edición
Liña 27:
'''''Monk''''' é unha serie de televisión [[Estados Unidos de América - United States of America|estadounidense]], creada por [[Andy Breckman]] e protagonizada por [[Tony Shalhoub]] no papel de [[Adrian Monk]], un ex-axente de homicidios de [[San Francisco]] que traballa agora coma detective privado. Así pois, é principalmente unha serie de misterio cun ambiente ás veces escuro, mais sempre con grandes toques cómicos. Con todo, é unha serie un pouco habitual dentro deste xénero, debido a que a súa personaxe principal, Monk, acompañado pola súa axudante, padece unha serie de graves desordes psiquiátricos, como un trastorno obsesivo-compulsivo e un gran número de fobias, agravados polo trauma da morte da súa esposa.
 
A serie comezou a emitirse o [[12 de xullo]] de [[2002]] en [[USA Network]] sempre con moito éxito, sendo considerada un dos motivos do gran incremento de popularidade desa canle. A súa oitava e última tempada concluíu o [[4 de decembro]] de [[2009]]. Ademais, aínda posúe o recordrécord de serie de televisión dramática máis vista da historia da televisión por cable, superando á marca anterior de [[The Closer]]. Este rexistro de audiencia produciuse no seu último episodio, ''"O Sr. Monk e a fin – Parte II"'', con 9,4 millóns de espectadores.
 
== Argumento ==
[[Adrian Monk]] era un brillante detective de homicidios que traballaba no Departamento de Policía de [[San Francisco]] ata que a súa esposa, Trudy, foi asasinada por un coche bomba nun aparcadoiro, que Monk cría destinada a el. Así pois, a morte de Trudy Monk levouno a sufrir unha crise nerviosa, que o levou a perder o seu posto no Departamento e a pecharse sen saír da súa casa durante máis de tres anos. Finalmente, foi capaz de saír de novo coa axuda da súa [[mediciñaenfermería|enfermeira]], [[Sharona Fleming]], o que lle permitiu volver a traballar como detective privado e asesor da unidade de homicidios a pesar das súas limitacións, debidas a un trastorno obsesivo-compulsivo (TOC), que empeorou significativamente despois da traxedia.
 
Os hábitos compulsivos de Monk son numerosos, agravados por unha gran serie de fobias, que non lle deixan exercer a súa profesión con normalidade. Segundo conta o propio detective, ten 312 fobias, sendo algunhas das cales os xermes, o leite, as [[Maruxiña|xoaniñas]], as harmónicas, as alturas, a imperfección ou o risco. Así, o TOC e as fobias condúceno inevitablemente a situacións moi incómodas, que causan problemas, tanto a Monk como á xente ao redor del, mentres investiga os casos. con todo, estes mesmos trastornos, en particular o TOC, axúdanlle moitas veces na resolución dos casos, xunto coa súa prodixiosa memoria, atención ao detalle, capacidade de análise e [[dedución|razoamento dedutivo]]. Porén, practicamente nunca se menciona que Adrian Monk padeza TOC e as personaxes cambian de tema para evitar falar diso, ou evitar un malentendido. Por exemplo, no episodio ''"Monk e o maratoniano"'', o detective dálle a man a dúas mulleres brancas e a un home negro, e entón como de costume pide á súa axudante un pano para limpar as mans pola súa fobia aos xermes, xerando un malentendido, que tanto Monk como a súa axudante prefiren deixar pensar que foi por motivos racistas que comentar o seu trastorno. [[Natalie Teeger|Natalie]] adoita referirse ao seu xefe como "especial" ou "maniático" no canto de revelar a verdade sobre os seus problemas.
 
O capitán [[Leland Stottlemeyer]] e o tenente [[Randall "Randy" Disher]], do Departamento de Policia, sempre solicitan a axuda de Monk cando teñen problemas cunha investigación. Stottlemeyer a miúdo irritase pola desorde de Monk, pero quere ao seu amigo e respetarespecta as súas sorprendentes habilidades de observación, do mesmo xeito que Disher. Dende a infancia, a atención obsesiva aos detalles de Monk permitiulle detectar diferenzas pequenas, atopar patróns, e facer conexións que outros non adoitan facer. Monk continúa a procura de información sobre a morte da súa esposa, o único caso que foi incapaz de resolver.
 
Sharona, a primeira axudante de Monk, decidiu volver casar co seu ex-esposo e regresar a [[Nova Jersey]], e [[Natalie Teeger]] é contratada como nova axudante, unha viúva e nai dunha nena de once anos. Monk ademais ten un irmán, [[Ambrose Monk]], e un medio irmán, Jack, Jr., cuxa existencia Monk descobre na quinta tempada. A idade de Adrian Monk non se menciona case nunca, pero pódese calcular nuns 47 anos, xa que no episodio "''O Sr. Monk vai ao dentista''" di que a única vez que estivera no dentista fora con doce anos, e máis tarde comenta que non volvera a un dentista dende facía 35 anos. Ademais, no episodio "''O Sr. Monk e a Reunión de Alumnos''", asiste ao XXV aniversario da súa promoción universitaria, o que dá consistencia á teoría sobre a súa idade.
 
== Personaxes ==
{{AP|Lista de personaxes de Monk}}
=== Personaxes principais ===
{| class="wikitable"
Liña 81 ⟶ 80:
 
== Episodios ==
{{AP|Lista de episodios de Monk}}
A meirande parte dos episodios teñen títulos da forma "O Sr. Monk e (unha persoa ou cousa)" ou "O Sr. Monk (fai algo)", do mesmo xeito que moitas novelas cun detective coma protagonista. Aínda que a resolución dun asasinato é o argumento na maioría dos episodios, hai algúns episodios nos que Monk axuda a investigar outros crimes, como algún secuestro ou roubo. Durante a sétima tempada Monk resolve o se caso número cen (e cento un) dende a morte da súa muller no capítulo "O Sr. Monk e o caso número 100", un fito na súa carreira.