Cronista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m elimino exceso ligazóns externas
→‎Véxase tamén: algo máis desde a wiki .es
Liña 5:
{{VT|Crónicas reais}}
 
== Cronistas de Indias ==
 
Despois do descubrimento de América polos europeos, coñecéronse os relatos dos chamados '''cronistas de Indias''', que informaban sobre a xeografía e o modo de vida dos [[indíxena]]s americanos, desde as relacións do mesmo [[Cristovo Colón]], o seu fillo [[Fernando Colón|Fernando]], a famosa carta de [[Américo Vespucio]] e moitos outros [[Descubrimento|descubridor]]es e [[conquistadores]] como [[Hernán Cortés]]. O carácter [[Xustificación|xustificativo]] desa produción é claro. A achega en sentido contrario de [[Bartolomé de las Casas]] (''Brevísima relación da destrución das Indias'') foi tan transcendental que deu orixe á [[Xunta de Valladolid]], en que lle deu réplica [[Juan Ginés de Sepúlveda]]; e ata á chamada [[Lenda negra]] ao divulgarse por toda Europa como propaganda antiespañola. A visión dos indíxenas, que viron os seus documentos e cultura material saqueados e destruídos, foi posible por algúns casos excepcionais, como o do inca [[Felipe Guamán Poma de Ayala]].
 
 
Oficialmente o cargo de '''cronista de Indias''' iníciase coa documentación reunida por [[Pedro Mártir de Anglería]] que se pasa en 1526 a [[Antonio de Guevara|Frei Antonio de Guevara]], cronista de Castela; e con [[Juan López de Velasco]] que fai o propio cos papeis do cosmógrafo maior [[Alonso de Santa Cruz]], aos que suma o cargo de cronista. [[Antonio de Herrera]] é nomeado cronista maior de Indias en 1596, e publica entre 1601 e 1615 a ''Historia xeral dos feitos dos casteláns nas illas e Terra Firme do mar Océano'', coñecida como ''Décadas''. [[Antonio de León Pinelo]] (nacido en Lima, que recompilara as [[leis de Indias]]), [[Antonio de Solís]] e [[Pedro Fernández del Pulgar]] cubriron o cargo durante o século XVII. No século XVIII a institución conflúe coa creación da [[Real Academia da Historia]] e o [[Arquivo Xeral de Indias]], destacando a figura de [[Juan Bautista Muñoz]] (''Historia do Novo Mundo'', que non completou).
 
 
Moitos cronistas de Indias centráronse en zonas xeográficas específicas, facendo crónicas rexionais de reinos de América.
 
Algúns cronistas destacados son: [[Bernal Díaz del Castillo]], [[Fernando de Alva Ixtlilxóchitl]], [[Inca Garcilaso de la Vega]], [[Pedro Cieza de León]], [[Hernán Cortés]], [[López de Gómara]], [[Diego Durán]], [[Francisco Ximénez]], Frei [[Toribio de Benavente]], Frei [[Bernardino de Sahagún]], Frei [[Francisco Vásquez]], entre outros.
==Véxase tamén==
===Ligazóns externas===