Melanina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
[[Ficheiro:Albinistic girl papua new guinea.jpg|miniatura|dereita|O [[albinismo]] aparece cando os melanocitos producen pouca ou ningunha melanina. Na imaxe nena albina de [[Papúa Nova Guinea]].]]
 
Nos humanos a melanina é o principal determinante da [[cor da pel]]. Tamén lle dá [[cor do pelo|cor ao pelo]] e aos [[Iris (anatomía)|iris]] ([[cor dos ollos]]), e aparece no [[epitelio]] pigmentario que rodea a [[retina]] e no [[oído interno]] na estría vascular da [[cóclea]]. Outros tecidos con melanina inclúen certas partes da [[glándula suprarrenal]], e as neuronas pigmentadas do [[tronco cerebral]], como o ''[[locus coeruleus]]'' e a [[substancia negra]].
 
A melanina da pel prodúcena os [[melanocito]]s, que se encontran na capa basal da [[epiderme]], os cales transfiren a melanina aos [[queratinocito]]s. Aínda que, en xeral, os seres humanos posúen unha concentración de melanocitos similar na súa [[pel]], os melanocitos dalgúns individuos e grupos étnicos expresan en maior ou menor medida os xenes para a produción de melanina, o que causará unha maior ou menor concentración de melanina na pel. Tanto en animais coma en humanos algúns individuos teñen moi pouca ou ningunha melanina, condición chamada [[albinismo]].