Aparato xustaglomerular: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 18:
 
===Células da mácula densa===
Chamadas tamén células desgranuladas: son células diferenciadas pertencentes ao [[epitelio]] que reviste o túbulo contorneado distal. Son células cúbicas altas ou cilíndricas baixas que presentan un núcleo denso próximo ao polo apical da célula, aparato de Golgi subnuclear, mitocondrias no polo basal e que deixan uns espazos intercelulares amplos que permiten o contacto directo do filtrado (a [[urina]]) coa [[membrana basal]].
 
As células da mácula densa detectan a concentración de [[NaCl]] no filtrado do túbulo contorneado distal e segregan un composto localmente activo (actividade [[parácrino|parácrina]]) con propiedades [[vasoconstrición|vasoconstritoras]], que actúa sobre a arteriola aferente adxacente para reducir a taxa de filtración glomerular (GFR), o que constitúe unha parte do sistema de retroalimentación túbuloglomerular.