Panellet: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Imxavitooh (conversa | contribucións)
tradución da wikipedia en castelán
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Panellets de Café.jpg|thumb|''Panellets'' de café.]]
Os '''panellets''' son uns [[Pastel|pasteis]] pequenos, e de varias formas, feitos a base de mazapán e outros ingredientes que lles dan un sabor e aroma característicos. Son doces típicos do [[día de Todos os Santos]] en [[Cataluña]], [[Eivissa]] e o [[País Valenciano]].
 
== Historia ==
 
Os panellets como tal datan do [[século XVIII]], cando se usaban como comida bendicida para compartir logo das celebracións relixiosas (panellets de San Marcos e panellets da Santa Cruz). Crese que teñen a súa orixe no norte de [[Europa]], onde a consecuencia do intenso frío facíase necesario un alimento rico en calorías para soportar mellor a longa noite de defuntos, pero seguramente proceden da repostería árabe, dada a súa composición a base de améndoas e a influencia da cultura árabe.
 
Ao ser unha comida moi enerxética (como as [[castaña]]s, tamén consumidas ese día) resultaban moi útiles para comer o [[Día de Todos os Santos]] ou Día de Defuntos, nos que se tocaban a mortos nas campás das igrexas durante toda a noite, polo que gran parte da poboación facía vixilia.
 
== Características ==
Elabóranse cunha masa doce feita con [[azucre]], [[améndoa]] crúa moída, [[ovo (alimento)|ovo]] e pel de limón, para que teña unha textura máis esponxosa. Polo exterior recúbrense con [[clara de ovo]], que fai de adherente para colocar unha capa de [[piñón|piñóns]]. O conxunto métese no forno e déixase arrefriar. Actualmente existe unha ampla gama de panellets: de coco, chocolate, café, [[marmelo]], etcétera.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat}}
* [http://www.verycocinar.com/receta/los_panellets_de_aina Como facer os panellets en vídeo] {{es}}
* [http://denikatessen.blogspot.com/2009/10/panellets.html Receita clásica dos panellets e guía para a súa elaboración.] {{es}}
 
[[Categoría:Doces]]