Fanatismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Toliño (conversa | contribucións)
retiro as ligazóns externas (non me parecen axeitadas)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Sen referencias|data=outubro de 2012}}
Denomínase '''fanatismo''' o entusiasmo desmesurado a favor dunha crenza relixiosa ou ideoloxía política, aínda que tamén se pode dar en distintos aspectos da vida relacionados co deporte, coas estrelas musicais mediáticas ou con outras actividades promovidas pola sociedade do espectáculo. O fanatismo na relixión, por exemplo, atinxe aquelas persoas que non só cren que as súas crenzas son as únicas válidas, senón que perseguen e castigan ademais a quen non comparten esa fe.
 
A psicoloxía afirma que a orixe do fanatismo xorde da necesidade de seguridade que experimentan algunhas persoas ou algúns grupos sociais. Trataríase dun mecanismo de compensación fronte ao sentimento de inferioridade.