Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Alvaropv DGallaecia»

sen resumo de edición
(Nova sección: →‎Locucións latinas)
 
Ola Alvaropv DGallaecia! Acabo de ler a mensaxe que lle deixaches a HombreDHojalata por casualidade. Penso que o mellor que podedes facer é poñer un marcador {{m|en uso}}, de todos xeitos que cho confirme el que sabe moito máis ca min, polo momento penso que poderedes ir tirando así. Unha aperta!! [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 16:20, 8 de novembro de 2012 (UTC)
 
:Non te preocupes, Álvaro, o traballo non se perdeu en absoluto, trasladouse algún, '''incluídas referencias''' e deixando unha redirección atrás, cara ao artigo: '''[[Locución latina]]'''. O motivo da fusión é que eran entradas curtas de máis para ter artigos de seu. Olla as ligazóns interligüísticas da columna da esquerda dese artigo, e non deixes de visitar as páxinas equivalentes das wikis en inglés, catalán, francés, portugués, alemán, '''latín'''... Practicamente tódalas comunidades de tódolos proxectos irmáns optaron por solucións semellantes. Non lle adican unha páxina en exclusiva a cada locución por sistema, só ás que teñen ou merecen maior desenrolo.
 
:Outras das entradas quedaron (vede [[:Categoría:Locucións latinas]]) e engadíronselles as ligazóns interlingüísticas que lles corresponden (probade a intentar facelo vós mesmos en futuras edicións). Date conta de que, en moitos casos, as páxinas homónimas noutras linguas albergan artigos extensos. Botádelles un ollo e vos van dar ideas, aportaranvos referencias... mesmo material para traer, adaptándoo e traducíndoo ao galego.
 
:Penso que é mellor traballar en ampliar eses preto de oitenta artigos, moitos deles dunha soa liña, e convertelos en entradas enciclopédicas, antes de seguir creando novos nas mesmas condicións. Non concordas?
 
:Lembra que Wikipedia non é un dicionario. Pretende ser unha enciclopedia.
 
:Igualmente, non é obxectivo do proxecto ser soporte para traballos escolares (para iso hai outros sitios na Internet e mesmo na familia de proxectos irmáns da Fundación Wikimedia), inda que, traballos escolares, segundo como se deseñen e leven a cabo, poden axustarse aos obxectivos da Wikipedia e facerse coincidir perfectamente.
 
:Un saúdo e a seguir. --[[Usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:90%;color:maroon;text-shadow:peru 1px 1px 1px;">. '''''HombreDHojalata'''''</span>.]]<sup>[[Conversa usuario:HombreDHojalata|<span style="font-size:86%;color:brown;">conversa</span>]]</sup> 19:39, 8 de novembro de 2012 (UTC)
199.222

edicións