Diferenzas entre revisións de «Cromosoma politénico»

sen resumo de edición
m (Bot: Substitución automática de texto (-|thumb| +|miniatura| & -|thumbnail| +|miniatura|))
Os '''cromosomas politénicos''' son cromosomas que sufriron repetidas duplicacións sen separarse e están formados por centos ou miles de febras ([[cromátida]]s), propios de certos tecidos dos [[insecto]]s [[díptero]]s.
 
As células das glándulas salivares dos [[insecto]]s da orde dos [[Díptero]]s presentan [[núcleo celular|núcleos]] que están nunha [[interfase]] permanente. Durante o crecemento e desenvolvemento das larvas destes insectos, a [[división celular]] detense nalgúns tecidos pero as células continúan o seu crecemento por incremento de volume. Este proceso ocorre, por exemplo, nos [[tubo de Malpighi|tubos de Malpighi]], nas células nutricias dos [[ovario]]s, no [[epitelio]] intestinal e nas células das glándulas salivares. Nas células dos tecidos mencionados, os cromosomas sofren roldas repetidas de duplicacións pero sen separarse, proceso coñecido como [[endomitose]]. Isto leva á produción de cromosomas constituídos por varios centos ou mesmo miles de febras. Este proceso denomínase politenización ou politenia.
 
==Características==
185.195

edicións