Giardia intestinalis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 20:
}}
 
O [[protozoo]] '''''Giardia intestinalis''''', tamén chamado '''''Giardia lamblia''''' (outros sinónimos utilizados son '''''Giardia duodenalis''''' e '''''Lamblia intestinalis'''''), é un [[flaxelado]] [[parasito]] que coloniza e se reproduce no intestino delgado, causando unha enfermidade de tipo diarreico chamada [[xiardíase]]. O parasito únese ao [[epitelio]] intestinal por un disco ventral adhesivo, e reprodúcese por [[fisión binaria]]. <ref>Oxford textbook of Medicine, Fourth Edition, Volume 1 (2003) ''Oxford University Press'' pp.759-760 ISBN 0-19-262922-0</ref> O protozoo non se estende por vía sanguínea, polo que non pasa a outras partes do corpo, xa que permanece confinado no lume do [[intestino delgado]]. <ref>Harrison's Internal Medicine, Harrison's Online Chapter 199 ''Protozoal intestinal infections and trochomoniasis''</ref> O [[trofozoíto]] de ''Giardia'' absorbe os seus nutrientes do lume do intestino delgado, e é [[anaerobio]]. O organismo tinguido nas preparacións ten un aspecto que lembra a unha cara sorrindo. As principais vías para a infección en humanos son a inxestión de auga non debidamente tratada, o que é especialmente común en países subdesenvolvidos economicamente; <ref>C.Michael Hogan. 2010. [http://www.eoearth.org/article/Water_pollution ''Water pollution''. Encyclopedia of Earth]. eds. Mark McGinley and C. Cleveland. National Council for Science and the Environment. Washington DC.</ref> pero tamén pode haber augas naturais contaminadas en zonas gandeiras.
 
==Microscopía e metabolismo==