Diferenzas entre revisións de «Celoma»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Coelomate 01-2.png|miniatura|dereita|200px|O '''celoma''' é unha cavidade que se forma a partir do mesoderma.]]
 
O '''celoma''' é a [[cavidade xeral]] secundaria do [[corpo]] chea dun líquido chamado '''líquido celomático''' que se forma no mesoderma dos [[animalia|animais]] [[celomado]]s ou [[eucelomado]]s. A diferenza do que acontece co [[pseudoceloma]], este está limitado por un [[epitelio]] chamado '''[[peritoneo]]'''.
 
Esta cavidade desenvolveuse inicialmente nos animais triblásticos, e dicir, con [[ectoderma]], [[endoderma]] e [[mesoderma]], e dise que é ''xeral'' porque non comunica co medio exterior, o cal non é estritamente certo, sobre todo no caso da [[enterocelia]]. Tamén se di que é ''secundaria'' porque, como tal cavidade xeral, é a segunda en aparecer, tralo [[blastocele]], ao longo do [[desenvolvemento embrionario]].
194.381

edicións