Capudre: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{Taxobox
[[Ficheiro:Illustration Sorbus aucuparia0.jpg|miniatura|Capudre]]
| name = Cancereixo
O '''capudre''', '''cancereixo''' ou '''cornabude''' (''Sorbus aucuparia'') é unha [[árbore]] de tamaño mediano, que raramente pasa dos 15 metros, a súa distribución cobre toda [[Europa]], de [[Islandia]] a [[Rusia]] e a [[Península Ibérica]], tolerante ao frío pódese atopar en altitudes altas. Os seus froitos, semellantes a [[cereixa]]s, son doces e acedos a un tempo, cun alto contido en [[vitamina C]].
| image = Illustration Sorbus aucuparia0.jpg
| image_width = 240 px
| regnum = [[Plantae]]
| subregnum = [[Tracheobionta]]
| divisio = [[Magnoliophyta]]
| classis = [[Magnoliopsida]]
| subclassis = [[Rosidae]]
| ordo = [[Rosales]]
| familia = [[Rosaceae]]
| subfamilia = [[Spiraeoideae]]
| tribus = [[Pyreae]]
| genus = [[Sorbus]]
| subgenus = [[Sorbus subg. Sorbus|Sorbus]]
| species = S. aucuparia
| binomial = Sorbus aucuparia
| binomial_authority = [[Carl von Linné|L.]]
}}
 
O '''capudre''' ou '''cancereixo''' ('''''Sorbus aucuparia''''') é unha [[árbore]] de tamaño mediano da familia das [[Rosácea]]s que raramente pasa dos 15 metros, a súa distribución cobre toda [[Europa]], de [[Islandia]] a [[Rusia]] e a [[Península Ibérica]], tolerante ao frío pódese atopar en altitudes altas. Os seus froitos, semellantes a [[cereixa]]s, son doces e acedos a un tempo, cun alto contido en [[vitamina C]].
 
==Etimoloxía==
A [[Real Academia Galega]] só recolle o nome de cancereixo. Porén noutros dicionarios recóllese o termo capudre, e variedades dialectais coma ''capudrio'', termo que parece derivar dunha raíz indoeuropea, posibelmente do [[celta]]: ''triu'', ''treow'' (árbore)<ref>[http://sli.uvigo.es/ddd/ddd_pescuda.php?pescuda=capudre&tipo_busca=lema]</ref>.
Nalgunhas zonas tamén recibe os nomes de canfreixo, escornabois e cornabude, pero hai que ter en conta que estes dous últimos son nomes comúns doutras especies.
 
== Descrición ==
[[Árbore|Arboriña]] [[caducifolio|caducifolia]] que acada os 15 m ou 20 m de altura. O [[tronco|toro]] é recto coa cortiza pardo cinsenta, gretada nos adultos. A copa é ampla de forma trasovada ou ovoide. As [[Xema (botánica)|xemas]] son moi aveludadas. As [[folla]]s dispóñense alternas ao longo das pólas, compostas e imparipinnadas, oblongas e de bordos serrados, presenta de 9 a 15 [[folíolo]]s, cunhas dimensións de 2,5 a 6 cm, até 9 cm. As [[inflorescencia]]s son hermafroditas e se producen en grandes corimbos terminais de 8 a 15 cm de diámetro con máis de 250 flores, cada unha derredor de 1 cm de diámetro con cinco [[pétalo]] branco-cremosos, que polinizan os insectos.<br>
O [[froito]], que chega entre setembro e outubro, é un [[Pomo (froito)|pomo]] miúdo de entre 4 a 8 [[mm]] de diámetro, carnoso e de forma globosa de cor alaranxada brillante ou vermello coral, moi semellante á [[sorba]] mais do talle dunha [[cereixa]]; fican deica o inverno na árbore. Porén, existen tamén algunhas variedades rosadas, amarelas e albas entre as especies asiáticas. O froito é doce e acedo ao mesmo tempo, cun alto contido en [[vitamina]] C. Ademais son moles e zumarentos o que os fai doada comida para os [[paxaro]]s, principalmente, o [[picoteiro]] (''[[Bombycilla garrulus]]'') e os [[merlo]]s (coma a especie asiática ''[[Turdus dissimilis]]''), que espallan posteriormente as sementes do cancereixo coas excrecións.
 
==Usos==
Os froitos do cancereixo empregáronse para a elaboración de [[marmelada]]s para combater o [[escorbuto]], grazas ao seu contido en vitamina C, tres veces maior co das [[laranxa]]s. Asemade descubriuse no século XIX que contiñan o [[azucre]] [[sorbitol]], o que deu pé a súa obtención a partir de [[glicosa]] e a súa utilización na industria química para a fabricación de ácido ascórbico ([[vitamina C]]) ou coma humectante, [[estabilizante]] e [[adozante]] (E-420) en alimentos, [[cosmético]]s, produtos para [[Diabetes|diabéticos]] e [[goma de mascar]]. A partir da [[fermentación]] dos froitos prodúcese unha [[augardente]] que é a base do [[vodka]] dos países nórdicos.
 
A [[Madeira]], de gran dureza serviu para a realización de pezas expostas a un forte rozamento coma puntas de [[muíño]]s ou [[fuso]]s. Hai séculos, noutras zonas de Europa incluso chegou a substituír ao [[teixo]] na fabricación de [[Arco (arma)|arcos]].
 
Tamén se emprega en [[Xardín|xardinaría]]. Nalgúns países as follas eran empregadas para curtir.
 
==Distribución==
Esténdese por toda [[Europa]], dende [[Islandia]] até [[Rusia]] e a [[Península Ibérica]]. Atura ben o [[frío]] polo que adoita atoparse en altitude. En [[Galicia]] atópase nas montañas meridionais ([[Os Ancares]], [[O Courel]], [[Serra da Queixa]], [[O Invernadeiro]]...), sendo máis escaso nas serras setentrionais.
 
==Hábitat==
Adoita aparecer illado nas [[carballeira]]s, [[Bidueiro|bidueirais]], [[Faia|faiais]] ou formando parte das [[Fraga (botánica)|fragas]] autóctonas europeas. Asóciase cos [[acivro]]s e [[bidueiro]]s. Normalmente medra nas abas frescas das montañas. Ascende até os 2000 m, preferindo os solos húmidos e con pouco cal.
==Ecoloxía==
É unha especie de importancia vital no mantemento das poboacións de animais en inverno ao serviren os seus froitos de alimento aos [[oso]]s, [[raposo]]s e outros animais, especialmente as aves coma os [[paporrubio]]s, os [[tordo]]s ou as [[pega]]s.
 
Tamén é empregado o cancereixo coma sustento das [[larva]]s dunha ampla gama de especies de [[lepidópteros]].
 
== Taxonomía ==
''Sorbus aucuparia'' foi descrita por [[Carl von Linné]] e publicouse en ''[[Species Plantarum]] 1: 477'', no ano 1753.<ref>[http://www.tropicos.org/Name/27800192 ''{{PAGENAME}}'' en Trópicos]</ref>
;[[sinonimia (bioloxía)|Sinonimia]]:
{|
|-valing=top
|
* ''Aucuparia sylvestris'' <small> [[Medik.]] </small>
* ''Mespilus aucuparia'' <small>([[L.]]) [[Scop.]]</small>
* ''Pyrenia aucuparia'' <small>[[Clairv.]]</small>
* ''Pyrus aucuparia'' <small>(L.) [[Gaertn.]]</small>
* ''Pyrus aucuparia var. typica'' <small>([[C.K.Schneid.]]) [[Asch.]] & [[Graebn.]]</small>
* ''Sorbus aucuparia var. typica'' <small>[[C.K.Schneid.]]</small>
* ''Pyrus rossica'' A.D.Danilov
* ''Sorbus altaica'' Koehne
* ''Sorbus amurensis'' Koehne
* ''Sorbus anadyrensis'' Kom.
* ''Sorbus aucuparia var. typica'' C.K.Schneid.
|
* ''Sorbus camschatcensis'' Kom.
* ''Sorbus glabrata'' (Wimm. & Grab.) Hedl.
* ''Sorbus moravica'' (Dippel) McAll., comb. inval.
* ''Sorbus pohuashanensis'' (Hance) Hedl.
* ''Sorbus pohuashanensis var. amurensis'' (Koehne) Y.L.Chou & S.L.Tung
* ''Sorbus polaris'' Koehne<ref>[http://www.catalogueoflife.org/details/species/id/7208972 ''{{PAGENAME}}'' en Catalogue of life]</ref>
*''Sorbus adsharica'' Gatsch.
*''Sorbus bachmarensis'' Gatsch.
*''Sorbus boissieri'' C.K. Schneid.
*''Sorbus boissieri var. adsharica'' Sosn.
*''Sorbus boissieri var. bachmarensis'' Sosn.
*''Sorbus caucasigena'' Kom. ex Gatsch.<ref>[http://www.theplantlist.org/tpl/record/tro-27800192 ''{{PAGENAME}}'' en PlantList]/</ref>
|}
 
==Referencias==
{{listaref}}
 
==Bibliografía==
# Cronquist, A. J., N. H. Holmgren & P. K. Holmgren. 1997. Vascular Plants of the Intermountain West, U.S.A., subclass Rosidae (except Fabales). 3A: 1–446. In A. J. Cronquist, A. H. Holmgren, N. H. Holmgren, J. L. Reveal & P. K. Holmgren (eds.) Intermount. Fl.. Hafner Pub. Co., New York.
# Gleason, H. A. 1968. The Choripetalous Dicotyledoneae. vol. 2. 655 pp. In H. A. Gleason Ill. Fl. N. U.S. (ed. 3). New York Botanical Garden, New York.
# Gleason, H. A. & A. Cronquist. 1991. Man. Vasc. Pl. N.E. U.S. (ed. 2) i–lxxv, 1–910. New York Botanical Garden, Bronx.
# Hickman, J. C. 1993. Jepson Man.: Higher Pl. Calif. i–xvii, 1–1400. University of California Press, Berkeley.
# Hitchcock, C. L., A. Cronquist, M. Ownbey & J. W. Thompson. 1961. Saxifragaceae to Ericaceae. Part III. 614 pp. In Vasc. Pl. Pacific N.W.. University of Washington Press, Seattle.
# Hultén, E. 1968. Fl. Alaska i–xxi, 1–1008. Stanford University Press, Stanford.
# Moss, E. H. 1983. Fl. Alberta (ed. 2) i–xii, 1–687. University of Toronto Press, Toronto.
# Munz, P. A. & D. D. Keck. 1959. Cal. Fl. 1–1681. University of California Press, Berkeley.
# Scoggan, H. J. 1978. Dicotyledoneae (Saururaceae to Violaceae). 3: 547–1115. In Fl. Canada. National Museums of Canada, Ottawa.
# Voss, E. G. 1985. Michigan Flora. Part II Dicots (Saururaceae-Cornaceae). Bull. Cranbrook Inst. Sci. 59. xix + 724.
# Welsh, S. L. 1974. Anderson's Fl. Alaska Adj. Parts Canada i–xvi, 1–724. Brigham Young University Press, Provo.
# Zuloaga, F. O., O. Morrone, M. J. Belgrano, C. Marticorena & E. Marchesi. (eds.) 2008. Catálogo de las Plantas Vasculares del Cono Sur (Argentina, Sur de Brasil, Chile, Paraguay y Uruguay). Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 107(1): i–xcvi, 1–983; 107(2): i–xx, 985–2286; 107(3): i–xxi, 2287–3348.
 
== Ligazóns externas ==
{{wikispecies}}
{{commonscat}}
 
[[Categoría:Sorbus|aucuparia]]
[[Categoría:Froiteiras]]
[[Categoría:Sorbus|Capudre]]
 
[[an:Sorbus aucuparia]]