Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 15:
[[Ficheiro:Les fascinés de la Charité Moreau de Tours 2804.JPG|miniatura|dereita|[[Paul Moreau de Tours]] ''Les fascinés de la Charité''.]]
 
Toda [[cultura]] ten algún tipo de categoría que se corresponde ca ''loucura'' actual [[Occidente|occidental]], pero ó mesmo tempo a loucura non sempre se distingue ben de outras categorías de pensamento e conducta: é moi difícil separar a loucura de outras perturbacións que van unidas a estadios ou sucesos particulares da vida, tales como a [[enfermidade]], a separación, a [[morte]], a [[adolescencia]] ou a [[vellez]]. De xeito análogo, a consideración de tolo resérvase con frecuencia ós revolucionarios ou ós innovadores, sobre o principio de que calquera que se oponga ó sistema é un tolo, sexa por non crer na súa lexitimidade ou porque a oposición ó propio sistema resulta un acto suicida<ref name= bennet>BENNETSIMON, SB. ''[http://books.google.es/books?id=2nfA5IO8tmMC&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false Razón y locura en la antigua Grecia]''. Ediciones AKAL, 1984. {{es}}</ref>.
 
Desde o momento en que se comezou a estudar a [[mente]] dende un punto de vista [[Ciencia|científico]], a loucura pasou a ser vista como un déficit das facultades mentais que permiten a unha persoa desenvolver unha vida cotiá satisfactoria e plena. Pero incluso tras este avance da perspectiva científica permaneceu a idea popular de que o tolo é aquel que padece un fallo na súa construción [[Símbolo|simbólica]]. Así, o tolo non é quen de construir o modo de subxectividade que prevalece no seu momento histórico-cultural. Isto puede ser consecuencia da interacción cun contexto hostil que produce un aplastamento simbólico do individuo ([[autismo]]), dunha construción subxectiva que non ten cabida nun contexto determinado e o aliena ([[psicose]]) ou dunha construción simbólica que constitue un perigo para un modo de ser histórico social determinado que o aílla (tolo en xeral, [[sociopatía]], [[neurose]]). Nestes casos a persoa conserva a súa capacidade simbólica intacta desde o nacemento<ref name= gomezsanjuan>GÓMEZ SANJUÁN, M. ''[http://www.euskalnet.net/izkali/docLOCURAYCREATIVIDAD.htm Locura y creatividad en la sociedad]''. {{es}}</ref>.