Loucura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Xoacas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
 
== Etimoloxía ==
A orixe da palabra ''loucura'' é incerta e sobre ela existen varias posibles hipóteses. Unha delas é a que di que provén da palabra [[Latín|latina]] ''locus'', que significa lugar, pero tamén de ''luce'', [[luz]], ''per contrarium sensum''. Tamén do latín ''loquendoloquo'', que quere dicir "falandoconversar"<ref name= atienza>ATIENZA, B. ''[http://books.google.es/books?id=_GVOWYJ2eV4C&printsec=frontcover&source=gbs_ge_summary_r&cad=0#v=onepage&q&f=false El loco en el espejo. Locura y melancolía en la España de Lope de Vega]''. Rodopi, 2009. {{es}}</ref>. Á súa vez, a palabra ''tolo'' pode provir do [[celta]] ''*tullon'', furado, pero tamén é posible que do latín ''tollere'', quitar <ref>CONCEPCIÓN SUÁREZ, X. ''[http://www.xuliocs.com/index.php?pagina=http://www.xuliocs.com/etimologlexic.htm Páxina cultural de Lena/Tsena]''. {{es}}</ref>.
 
 
Liña 51:
A consideración da loucura como doenza mental é algo relativamente recente dentro do noso ámbito cultural. A modo de exemplo, ata o [[século XVII]] as alucinacións auditivas considerábanse experiencias [[Relixión|relixiosas]] e non síntomas de desequilibrio mental. As relixións sempre mantiveron unha estreita relación con todas as formas de loucura, por consideraren que estas estaban próximas ás vivencias místicas.<ref name= bennet></ref>.
 
En [[España]] a transición cara á consideración da loucura como doenza tivo lugar entre os séculos [[Século XV|XV]] e [[Século XVII|XVII]]. Nesa época fundáronse as chamadas ''casas de tolos'' de [[Sevilla]] ([[1436]]), [[Toledo]] ([[1483]]) e [[Valladolid]] ([[1493]]), e os hospitais de [[Barcelona]], [[Zaragoza]], [[Palma de Mallorca]], [[Granada, España|Granada]] e [[Córdoba, España|Córdoba]] abriron seccións separadas para enfermos mentais. Copiando o modelo español, en [[1548]] fundouse o hospital para tolos de [[Roma]]. Máis tarde [[Bernardino Álvarez]] fundou os hospitais de [[México]], [[Oaxtepec]], [[Xalapa]], [[Perote]], [[San Juan de Ulúa]], [[Guatemala]] e outros entre [[1567]] e [[1574]]. En España tomouse como modelo o Hospital de Inocentes de [[Valencia - València|Valencia]], que pasou a chamarse ''Casa de tolos'' en [[1512]], cando se lle anexionaron os outros hospitais da cidade para formar o Hospital Xeral. En todos eles separábanse ós [[home]]s das [[muller]]es e ós tolos violentos dos pacíficos. Estes centros para tolos fundáronse inicialmente con dous fins complementarios: un asistencial (protexer o tolo dos cidadáns) e outro de policía urbana (protexer os cidadáns do tolo). Aínda que se consideraba que a loucura tiña difícil solución, as casas de tolos daban ós seus internos tratamento médico. Pero a súa función principal non era terapéutica, senón hospitalaria, e consistía en ''"recoller e curar os pobres faltos de xuízo que perdidos e lacazáns, impedidos do seu furor e impelidos da súa loucura, causaban e recibían grandes danos"'', en palabras de [[Sebastián Arias]] ([[1699]]). Aínda así, a loucura seguiu sendo a perfecta excusa para desfacerse de persoas cuxa presenza resultaba incómoda, como proba o feito de que en [[1608]] se mandase queimar a un home que dicía ser fillo do papa [[Paulo V]], que en [[1644]] se encerrase no manicomio a outro que pretendía descender do infante don Carlos ou que en [[1677]] o bufón Ánima del Purgatorio fose mandado pechar no manicomio de Zaragoza por ser sospeitoso de espiar ó rei [[Carlos II de España]] por orde do príncipe [[Xoán Xosé de Austria]]<ref name= atienza></ref>.
 
Na imaxinería popular o tolo era, nese momento, aquel individuo co cal a [[Comunicación (linguaxe)|comunicación]] se facía difícil, dado que empregaba unha linguaxe opaca e incoherente. Pore este motivo era considerado parvo ou, como diriamos hoxe, [[deficiente mental]]. Pero tamén, noutros casos, desa mesma inintelixibilidade derivaba a súa consideración de persoa con acceso a un saber oculto, que expresaba ese coñecemento dunha forma cifrada. O tolo era considerado ó mesmo tempo inxenioso, o cal se traducía nunha capacidade extraordinaria para facer o mesmo gracias que [[verso]]s, e mesmo adiviñar o futuro<ref name= atienza></ref>.
En [[Francia]] foi creado no século XVII o chamado ''Hôpital Général'' ((Hospital Xeral), como lugar destinado a recluir ós [Pobreza|pobres]], ás [[Prostitución|prostitutas]], ós tolos e ós opositores ó réxime [[Absolutismo|absolutista]] sen necesidade de proceso. Tras a [[Revolución francesa|Revolución]] de [[1789]], o novo réxime pretende acabar co Hospital Xeral pola súa condición de símbolo do absolutismo. Pouco despois, durante o período do [[O Terror|Terror]], [[Philippe Pinel]], médico xefe do hospital de [[Bicêtre]], abre as súas portas para deixar en libertade ós seus recursos. Este hospital, destinado a recluir indistintamente a enfermos e criminais, era unha dependencia do Hospital Xeral. Pinel sería máis adiante, xunto co seu alumno [[Esquirol]], o fundador da [[Psiquiatría]]. Pinel defendía que en cada tolo subsiste unha parte de razón, e é nese resto de cordura no que hai que basear a terapia de curación por medio do que el chamou ''"tratamento moral"''<ref name= coupechoux>COUPECHOUX, P. ''[http://www.topia.com.ar/articulos/psiquiatr%C3%AD-francia-negaci%C3%B3n-locura-y-domesticaci%C3%B3n-del-sujeto La psiquiatría en Francia: negación de la locura y domesticación del sujeto]''. {{es}}</ref>.
 
En [[Francia]] foi creado no século XVII o chamado ''Hôpital Général'' ((Hospital Xeral), como lugar destinado a recluir ós [[Pobreza|pobres]], ás [[Prostitución|prostitutas]], ós tolos e ós opositores ó réxime [[Absolutismo|absolutista]] sen necesidade de proceso. Tras a [[Revolución francesa|Revolución]] de [[1789]], o novo réxime pretende acabar co Hospital Xeral pola súa condición de símbolo do absolutismo. Pouco despois, durante o período do [[O Terror|Terror]], [[Philippe Pinel]], médico xefe do hospital de [[Bicêtre]], abre as súas portas para deixar en libertade ós seus recursos. Este hospital, destinado a recluir indistintamente a enfermos e criminais, era unha dependencia do Hospital Xeral. Pinel sería máis adiante, xunto co seu alumno [[Esquirol]], o fundador da [[Psiquiatría]]. Pinel defendía que en cada tolo subsiste unha parte de razón, e é nese resto de cordura no que hai que basear a terapia de curación por medio do que el chamou ''"tratamento moral"''<ref name= coupechoux>COUPECHOUX, P. ''[http://www.topia.com.ar/articulos/psiquiatr%C3%AD-francia-negaci%C3%B3n-locura-y-domesticaci%C3%B3n-del-sujeto La psiquiatría en Francia: negación de la locura y domesticación del sujeto]''. {{es}}</ref>.
 
Nos [[Estados Unidos]], a mediados do [[século XIX]], había gran cantidade de centros psiquiátricos que, na práctica, non proporcionaban coidados médicos efectivos, e só nalgúns casos, algún tipo de "terapia moral". Durante as primeiras décadas do [[século XX]] consolidouse a Psiquiatría como especialidade médica, pero as súas premisas de base nacían máis do convencemento de que a [[Ciencia]] era capaz de curar as doenzas mentais que nunha práctica verdadeiramente capaz de facelo. Na segunda década do século a [[Psicanálise]] foise estendendo a medida de se demostraba a súa capacidade no tratamento das [[neurose]]s, e mesmo acabaron por abrirse centros para o tratamento da [[esquizofrenia]] seguindo unha orientación de tipo psicoanalítico. Na década de [[1930]] cobraron forza tratamentos de tipo orgánico para a esquizofrenia, tales como o [[electroshock]] e o [[shock de insulina]], ambos de limitada eficacia. A partir de [[1950]] o peso das terapias recaeu sobre os preparados [[Química|químicos]], contra a esquizofrenia e a [[Depresión (psicoloxía)|depresión]]<ref name= bennet></ref>.