Mars: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 17:
'''Mars''' foi unha banda de [[No Wave]] estadounidense procedente de [[Nova York]] formada polo vocalista Sumner Crane en [[1975]]. A el uníuselle China Burg (guitarra, voces), Mark Cunningham (baixo) e a artista Nancy Arlen (batería), e durante un breve período de tempo o guitarrista Rudolph Grey. A banda realizou un concerto baixo o nome China antes de cambialo a Mars. Tocaban unha mestura de improvisacións ambientais noise, con letras surrealistas. Todos os seus membros non tiñan coñecementos musicais antes da formación da banda.
 
Mars tocou en directo unhas 25 veces, todas en Manhattan. O seu primeiro concerto foi no clubeclub CBGB's en xaneiro de [[1977]]; e o derradeiro no Max's Kansas City o [[10 de decembro]] de [[1978]]. A súa gravación de estrea foi o sinxelo de 7 polgadas "3-E"/"11,000 Volts", editado polos selos Rebel Records/ZE Records. A banda editou posteriormente un EP en directo despois da súa separación en [[1978]]. Ambas gravacións foron compiladas polo selo de [[Lydia Lunch]], Widowspeak Records, en [[1986]], co nome ''78''.
 
En [[1978]] Mars apareceu no influente recompilatorio ''[[No New York]]'' producido por [[Brian Eno]], xunto con [[DNA]], [[Teenage Jesus and the Jerks]] e [[James Chance and the Contortions]], que contribuíu ao nacemento do xénero [[No Wave]].