Diferenzas entre revisións de «Administración única»

sen resumo de edición
(Atención: sen referencias)
 
==Mecanismos xurídico-políticos==
A administración única inspirábase nas técnicas propias do chamado [[federalismo]] de execución contrastadas en Estados federados centroeurpeos de [[Alemaña]] e [[Austria]] ou a [[Confederación Helvética]]. Un modelo moi repetido por Manuel Fraga Iribarne foi o de [[Baviera]]. Propoñía mesmo superar o teito competencial do [[Estatuto de Autonomía]] a través da utilización das Leis de transferencia e delegación previstas no artigo 150.2 da Constitución. Relativas a Galicia chegaron a aprobarse dúas. A reducciónredución substancial da presenza da administración xeral do Estado en Galicia que traería como consecuencia a proposta, compensábase dende un criterio de cohesión identificado coa lealdade constitucional, trasunto da lealdade federal nos Estados desa natureza. Figuras como os Gobernadores civís ou servizos como o SEPES, INEM ou os restos do IRYDA, ICONA etc. non terían sentido.
 
==Propostas colaterais==
A proposta de administración única era o corolario político-administrativo doutras ideas defendidas por Manuel Fraga Iribarne como o principio de [[autoidentificación]] como defensa da cultura e personalidade identitaria de Galicia como pobo dentro dunha España unida pero diversa. Asemade defendíase a constitución dunha [[Conferencia de Presidentes]], un [[Senado]] autonómico análogo ao dos Estados Federais, un Consello Económico e Social estatal con presenza autonómica, o protagonismo das comunidades autónomas na elección dunha parte dos maxistrados do [[Tribunal Constitucional]] e a participación de Galicia nas institucións europeas incluído, en temas cruciais como a Pesca, no Consello de Ministros da [[Unión Europea]]. Isto neutralizaría a reabsorción competencial centralizadora pola vía da execución da normativa europea, as leis básicas estatais, a xurisprudencia do Tribunal Constitucional ou a ordenación xeral da economía.
 
O sucesor de Manuel Fraga, [[Alberto Núñez Feijoo]] non incorporou estas ideas ao seu discurso político. Estas desapareceron dos programas do [[PardidoPartido Popular de Galicia]] a partir da VII lexislatura.
 
{{sencat}}
201.661

edicións