Xosé Manuel Beiras: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 35:
[[Ficheiro:Beiras 25 xullo 2009.JPG|miniatura|200px|dereita|Xosé Manuel Beiras no [[Día da Patria]] de 2009, en Compostela.]]
 
Xa no [[1990]], en xaneiro, o BNG non secunda unha proposición non de Lei sobre a autodeterminación do PSG-EG por non verlle sentido xa que a Cámara non tiña soberanía por haber grupos españois. Na lexislatura do 1989/[[1993]] foi expulsado varias veces da Cámara por oporse e, mesmo, tentar facerlle unha moción de censura a [[Manuel Fraga]]. Nese mesmo período, na proposta do pleno extraordinario de incendios forestais, presentou unha proposta de independencia para Galiza e a reforma da Constitución, votando en contra da proposta de Manuel Fraga sobre a [[administración única]]. Entrados no ano [[1991]], Beiras publica outro libro: ''Prosas de combate e maldicer''. O [[10 de marzo]] de [[1993]] non se amosou de acordo ante a iniciativa do Partido Popular, gobernante en Galiza, de modificar o Regulamento do Parlamento e amosou o seu descontento petando na mesa cun zapato. Amosou unha actitude non conformista durante os debates de relatorio e comisión sobre deste tema que o levaron a ser expulsado da Cámara o 15 e o 17 de mesmo mes cunha sanción dun mes sen dereitos parlamentarios. Beiras recorreu ao [[Tribunal Constitucional]] o [[12 de xullo]] do [[1993]], quen admitiu o recurso o [[4 de novembro]] do mesmo ano. Ademais mantivo una longa polémica co executivo de Fraga pola compra de dereitos das marcas do [[Ano Xacobeo|Xacobeo]]'93, ao que acusou de falsidade en documento público, prevaricación e malversación de fondos.
 
O [[17 de outubro]] de [[1993]] presentouse por terceira vez na cabeza da candidatura pola Coruña e como candidato a Presidencia da [[Xunta de Galiza]]. Consegue a renovación e o seu grupo pasa de 5 a 13 candidatos. Xa metidos de cheo no [[1995]], Beiras é proposto como Portavoz Nacional do grupo, cargo no que resulta elixido na VII Asemblea; isto viña a apoiar a súa presentación en xaneiro do 1991 e marzo do 1993, nas que obtivo un bo apoio. No decembro do 1995 fai unha viaxe duns días a [[Arxentina]] e [[Uruguai]], nas que fai algunhas reunións con representante de centro galegos, dirixentes políticos e sindicais e ofrece algún discurso en varias universidades. Froito disto, publica no 1996 un libro co título ''O estado da nación'', no cal engade os seus discursos dende o ano 1989 a o 1995. O [[19 de outubro]] de [[1997]] preséntase de novo como candidato do BNG á Presidencia da Xunta, renova o escano e ve medrar o seu grupo a 18 deputados pasando a ser a segunda forza en Galiza. No [[1998]] volve a renovar o cargo como voceiro nacional do BNG, así mesmo levou a un irmandamento do seu partido con outras forzas nacionalistas a través da [[Declaración de Barcelona]]. Isto tivo como consecuencia o pacto co PSdG nas municipais do [[13 de xuño]] de [[1999]] para a repartición de alcaldías nalgúns concellos e o primeiro escano do BNG no Parlamento Europeo.