Diferenzas entre revisións de «Paracetamol»

{{AP|Toxicidade do paracetamol}}
=== Consideracións xerais ===
O paracetamol ten un [[índice terapéutico]] moi axustado. Isto significa que a [[dose]] normal (un máximo ao día de 4 gramos en adultos) é próxima á sobredose<ref name=A>Antonio J. Arnal Meinhardt. [http://tudoctoronline.blogspot.com.es/#!/2012/09/el-acetamonofen-o-paracetamol-es-una.html El Acetamonofén o Paracetamol es unaun fármaco para toda la familia] ''Rev TuDoctorOnline. Consultado 18 de setembro de 2012.</ref>., facendo del un composto perigoso. Unha dose única de paracetamol de 10 [[gramo|g]] ou doses continuadas de 5 g/día nun non consumidor de alcol con boa saúde, ou 4 g/día nun consumidor habitual de alcol, poden causar danos importantes no fígado. Sen un tratamento adecuado no momento oportuno, a sobredose ou a dose case normal de paracetamol pode dar como resultado un fallo hepático (insuficiencia hepática) seguido da morte inevitable. Debido á ampla dispoñibilidade sen receita do paracetamol (acetaminofen) -como Especialidade Farmacéutica Publicitaria, EFP=OTC (OTC nos EEUU)-, este utilizouse en moitos intentos de [[suicidio]]. O antídoto específico da intoxicación por paracetamol - ou acetaminofen - é a Acetil-Cisteína por vía intravenosa. A FDA -axencia para medicamentos e alimentos dos EEUU - pediu a todos os laboratorios que deixasen de comercializar paracetamol - acetaminofen - en doses unitarias superiores a 650 mg; doses totais diarias de 3.000 mg (3gr) poden ser moi tóxicas ou mortais para algunhas persoas.<ref>Da Oliva, S.; Cánovas, A.; Mencías, E. (2001). "Revisión das intoxicacións por paracetamol consultadas ao Servizo de Información Toxicolóxica. Comunicación presentada no ''XIV Congreso Español de Toxicoloxía''. Murcia, 26-28 de setembro de 2001". ''Revista de Toxicoloxía''. ISSN: 1697-0748, '''18''' (3): 183. [http://www.aetox.com/wp-content/revista/revtox.18.3/revtox.18.3.clinica.pdf Dispoñible en liña].</ref>
 
O paracetamol non debe tomarse tras consumir alcol, debido a que o [[fígado]], cando está metabolizando o [[etanol|alcol]], non pode metabolizar simultaneamente o paracetamol, aumentando por tanto o risco de hepatotoxicidade. Usado responsablemente, o paracetamol é un dos tratamentos máis seguros dispoñibles para a [[analxesia]]. O composto carece de efectos sobre o sistema da [[ciclooxigenasa]], por tanto non ten efectos negativos sobre o [[esófago]], estómago, [[intestino delgado]] ou [[intestino groso]], ao contrario que os [[antiinflamatorios non esteroideos|AINEs]]. Ademais, os pacientes con [[enfermidade]]es do [[ril]] poden tomar paracetamol mentres que os AINEs poden provocar [[insuficiencia renal]] aguda a certos pacientes. Ademais, o paracetamol ten poucos problemas de interacción con outros medicamentos.
O paracetamol é extremadamente tóxico para os [[can]]s, [[gato]]s, etc. e non debería serlles administrado baixo ningunha circunstancia.<ref>Allen AL (2003). "The diagnose of acetaminophen toxicosis in a cat". ''Can Vet J'' '''44''' (6): 509-10. PMID [http://www.pubmedcentral.gov/articlerender.fcgi?tool=pubmed&pubmedid=12839249 Dispoñible en liña]</ref> Calquera caso sospeitoso debería ser tratado por un [[veterinario]] para proceder á desintoxicación.<ref>Villar D, Buck WB, Gonzalez JM (1998). "Ibuprofen, aspirin and acetaminophen toxicosis and treatment in dogs and cats". ''Vet Hum Toxicol'' '''40''' (3): 156-62. PMID</ref> O tratamento en gatos é moi similar ao dos humanos.
 
O acetaminofeno é o analxésico máis amplamente usado nos Estados Unidos (Tylenol), pero pode causar danos ao fígado en doses ordinarias ou lixeiramente superiores. Ese feito será unha noticia para moitos consumidores pero algo sabido para os especialistas en fígado, e recoñeceuse oficialmente en abril de 2009, pola [[Administración de Alimentos e Medicamentos]] (FDA, polas súas siglas en inglés). O comité consultivo da FDA declarou hai 32 anos: "Non se debe exceder a dosificación recomendada [acetaminophen-Tylenol] porque pode causar lesión hepática severa e mesmo a morte".{{Cómpre referencia|data=novembro de 2012}}
 
=== Mecanismo da toxicidade ===
93.817

edicións