Punto triplo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Calq (conversa | contribucións)
Liña 1:
En [[física]], o '''punto tripletriplo''' é a [[temperatura]] e [[presión]] na que coexisten en [[equilibrio termodinámico]] o estado [[sólido]], [[gas]]oso e [[líquido]] nunha [[Substancia química|substancia]].
Defínese cunha [[temperatura]] e unha [[presión de vapor]].
 
[[Ficheiro:Phase-diag es.svg|thumb|300px|Un típico [[diagrama de fase]]. A liña verde marca o [[punto de conxelación]], a azul, o [[punto de ebulición]] e a rubia o [[punto de sublimación]]. Móstrase como estes varían coa [[presión]]. O punto de unión entre as liñas verde, azul e vermella é o punto triplo. A liña con puntos amosa o comportamento anómalo da [[auga]].]]
{{Física en progreso}}
 
O punto triplo da [[auga]], por exemplo, está a 273,16 [[Kelvin|K]] (0,01 [[Grao Celsius|°C]]) e a unha presión de 611,73 [[Pascal (unidade)|Pa]] [[ITS90]]. Esta temperatura, debido a que é un valor constante, serve para calibrar as escalas [[Kelvin]] e [[Grao Celsius|Celsius]] dos [[termómetro]]s de gran precisión.
== Punto triplo da auga ==
 
A única combinación de presión e temperatura á que a auga en estado líquido, sólido e gasoso poden coexistir nun equilibrio estable prodúcese exactamente a unha temperatura de 273,1598 [[Kelvin|K]] (0,0098 [[Grao Celsius|°C]]) e a unha [[presión parcial]] de vapor de auga de 611,73 pascais (6,1173 milibares; 0,0060373057 atm). Nesas condicións, é posible cambiar o estado de toda a masa de auga a xeo, auga líquida ou vapor arbitrariamente facendo pequenos cambios na presión e na temperatura. Débese ter en conta que incluso se a presión total dun sistema está moi por riba de 611,73 pascais (é dicir, un sistema cunha [[presión atmosférica]] normal), se a presión parcial do vapor de auga é de 611,73 pascais, entón o sistema pode encontrarse aínda no punto triplo da auga . Estritamente falando, as superficies que separan as distintas fases tamén debe ser perfectamente planas, para evitar os efectos das [[tensión superficial|tensións de superficie]].
 
A auga ten un inusual e complexo [[diagrama de fase]] (aínda que isto non afecta as consideracións xerais expostas sobre o punto triplo). A altas temperaturas, incrementando a presión, primeiro obtense auga líquida e, a continuación, auga sólida. Por encima de 109 Pa aproximadamente obtense unha forma cristalina de xeo que é máis denso que a auga líquida. A temperaturas máis baixas en virtude da compresión, o estado líquido deixa de aparecer e a auga pasa directamente de sólido a gas.
 
A presións constantes por arriba do punto triplo, quentar xeo fai que se pase de sólido a líquido e deste a gas (ou vapor). A presións por abaixo do punto triplo, como as que se encontran no espazo exterior, onde a presión é próxima a cero, a auga líquida non pode existir e, ao quecer, o xeo convértese directamente en vapor de auga sen pasar polo estado líquido, proceso coñecido como sublimación.
 
A presión do punto triplo da auga foi utilizada durante a misión [[Mariner 9]] a [[Marte (planeta)|Marte]] como un punto de referencia para definir "o nivel do mar". Misións máis recentes fan uso de altimetría láser e gravimetría en lugar da presión atmosférica para medir a elevación en Marte.
 
== Táboa de puntos triplos ==
 
Nesta táboa inclúense os puntos triplos dalgunhas substancias comúns. Estes datos están baseados nos proporcionados pola [[National Bureau of Standards]] (agora [[NIST]]) dos Estados Unidos de América.<ref>Yunus A. Cengel, Robert H. Turner. ''Fundamentals of thermal-fluid sciences''. McGraw-Hill, '''2004''', p. 78. ISBN 0-07-297675-6</ref>
 
 
{| class="wikitable"
!Substancia!! T (K)!! P (kPa)
|-
! [[Acetileno]]
| 192,4 || 120
|-
! [[Amoníaco]]
| 195,40 || 6,076
|-
! [[Argon]]
| 83,81 || 68,9
|-
! [[Grafito]]
| 3900 || 10100
|-
! [[Dióxido de carbono]]
| 216,55 || 517
|-
! [[Monóxido de carbono]]
| 68,10 || 15,37
|-
! [[Deuterio]]
| 18,63 || 17,1
|-
! [[Etano]]
| 89,89 || 8 × 10<sup>−4</sup>
|-
! [[Etileno]]
| 104,0 || 0,12
|-
! [[Helio-4]]
| 2,19 || 5,1
|-
! [[Hidróxeno]]
| 13,84 || 7,04
|-
! [[Cloruro de hidróxeno]]
| 158,96 || 13,9
|-
! [[Mercurio (elemento)|Mercurio]]
| 234,2 || 1,65 × 10<sup>−7</sup>
|-
! [[Metano]]
| 90,68 || 11,7
|-
! [[Neon]]
| 24,57 || 43,2
|-
! [[Óxido nítrico]]
| 109,50 || 21,92
|-
! [[Nitróxeno]]
| 63,18 || 12,6
|-
! [[Óxido nitroso]]
| 182,34 || 87,85
|-
! [[Osíxeno]]
| 54,36 || 0,152
|-
! [[Paladio]]
| 1825 || 3,5 × 10<sup>−3</sup>
|-
! [[Platino]]
| 2045 || 2,0 × 10<sup>−4</sup>
|-
! [[Dióxido de xofre]]
| 197,69 || 1,67
|-
! [[Titanio]]
| 1941 || 5,3 × 10<sup>−3</sup>
|-
! [[Hexafluoruro de uranio]]
| 337,17 || 151,7
|-
! [[Auga]]
| 273,16 || 0,61
|-
! [[Xenon]]
| 161,3 || 81,5
|-
! [[Zinc]]
| 692,65 || 0,065
|}
 
== Notas ==
{{listaref}}
 
== Véxase tamén ==
===Outros artigos===
* [[Punto de ebulición]]
* [[Punto de fusión]]
* [[Punto crítico]]
 
[[Categoría:Física]]