Coles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
arranxiños de formato
Liña 60:
 
===Pazos===
O [[pazo de Fontefiz]] está situado na parroquia de Ucelle. Xa no século X aparece referenciado o ''Casal de Fonte Felici''. No século XV pertencía ao [[mosteiro de San Clodio]], e en 1597 foi aforado a Gregorio de Nóvoa, veciño da Peroxa, que fundaría a linaxe de Fontefiz. No século XVIII consolidouse a potencia económica da casa de Fontefiz mercede ás rendas de varias poboacións dos arredores, e mellorouse a construción. Pechouse o eido, construíuse e canalizouse unha présa de auga para o servizo da casa, fixéronse as cortes, o cabaceiro, a tulla de pedra os maineis da casa e o retablo da capela. Amais, anexáronse diversas leiras. Mais no século XIX comezou a decadencia. En 1866, trala morte de Pedro Ventura de Puga, pasou ao marquesado de Leis. Actualmente é unhao granxa[[Centro de explotaciónRecursos gandeiraZooxenéticos de Galicia]] pertencente á [[conselleríaConsellería dedo Medio AgriculturaRural]] da [[Xunta de Galicia]].
 
No interior da leira hai un pombal. O edificio principal ten planta en U, patio pechado por muro con portalón exterior coroado por un escudo e outra interior cara outras dependencias da leira. No patio interior están os escudos das familias que o posuíron: Nóvoa, Vilamarín, Temes, Raxó e Deza, cun balcón sostido por canzorros e dous reloxos de Sol. No interior do edificio destaca a escaleira nobre e a lareira, feitas en cantería. A cheminea da lareira, na fachada sudoestesuroeste, ten seis metros de altura.
 
==Economía==