Amiano Marcelino: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
converto en redireción
Angeldomcer (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
'''Amiano Marcelino''' ([[latín]] ''Ammianus Marcellinus'') é o principal [[historiador]] [[Roma antiga |romano]] que viviu e relatou o proceso de decadencia e descomposición do [[Imperio Romano]] durante o [[século IV]].
#REDIRECT [[Amiano Marcelino]]
 
Crese que naceu entre o [[330]] e o [[335]], nunha adiñeirada familia de ascendencia [[Grecia|grega]] asentada en [[Antioquía]]. Definíase a si mesmo como "un soldado e un grego", pois estaba orgulloso da súa orixe e do seu paso polo exército nos aristocráticos ''Protectores Domestici''. Como tal, estivo baixo o mando de [[Ursicino]] na fortaleza de [[Nisibis]], xunto á fronteira [[Persia|persa]], desde o ano [[353]]. No ano [[355]] acompañou a Ursicino a unha breve campaña na [[Galia]] contra o [[francos|franco]] [[Silvano]], que se autoproclamara emperador. Esta campaña durou ata o ano seguinte, momento en que volveu á fronteira oriental. Alí escapou no último momento da fortaleza de ''Amida'' ([[Diyarbakr]]) xunto á súa esposa cando a praza foi tomada polas forzas de [[Shapur II]]. Amiano perdeu o favor do emperador [[Constancio II]] cando o seu superior Ursicino caeu en desgraza, pero recuperou o seu antigo prestixio e posición trala morte de Constancio e o acceso ao trono de [[Xuliano|Xuliano o Apóstata]].
 
O gran número de eloxios que Amiano Marcelino destina a Xuliano nas súas obras demostran a súa grande admiración por este emperador. Marchou xunto a el ás campañas contra os [[alamáns]] e na expedición contra Persia do [[363]]. Tras visitar Grecia e [[Exipto]], Marcelino asentouse de novo en Antioquía en [[371]], onde permaneceu os sete anos seguintes. En [[378]] marchou a [[Roma]] e instalouse definitivamente alí, onde pasou o resto da súa vida.
 
Comezou a escribir a súa obra ''Res Gestarum Libri XXXI'' (chamada a miúdo ''Historias'') na capital do Imperio, en principio como unha continuación das obras de [[Publio Cornelio Tácito|Tácito]]. Os seus escritos concentran todos os acontecementos ocorridos no Imperio entre a ascensión ao trono de [[Nerva]] no ano [[96]] e a morte de [[Valente]] na [[Batalla de Adrianópole (378)|Batalla de Adrianópolis]] ([[378]]), recompilados en 31 volumes dos que se perderon actualmente os 13 primeiros. A resultas diso, só se coñecen os tomos finais, que narran a época comprendida entre 353 e 378.
 
A obra, escrita en latín para facilitar a súa difusión (Amiano Marcelino falaba e escribía normalmente en [[lingua grega|grego]]) reportáronlle gran fama en todo o Imperio, especialmente en Roma e Antioquía. O seu lugar como autor de referencia permaneceu ata o [[século VI]], sumíndose no esquecemento durante a [[Idade Media]]. Malia as partes perdidas, considérase ás ''Historias'' de Marcelino como unha obra de referencia obrigada para entender os últimos anos de goberno de Constancio II, os mandatos de Xuliano, [[Xoviano]], [[Valentiniano I]] e [[Valente]] e os primeiros anos de [[Graciano]], ademais de ser un excepcional retrato da realidade política e social no baixo Imperio Romano, a súa decadencia e as causas desta (achacadas polo autor ao deixamento, deshonra e hedonismo da poboación) e a organización política e militar de numerosos pobos [[bárbaro]]s (incluídos os [[hunos]] e os [[visigodos]]). Así mesmo, Amiano Marcelino deixa entrever nas súas obras as funestas consecuencias que a situación do momento traerían a Roma, como o saqueo de [[Alarico I]] que sobreveu dúas décadas despois da probábel morte do historiador, o cal foi visto polos contemporáneos como o fin do mundo ata entón coñecido. Amiano Marcelino era [[paganismo|pagán]] e non tiña en grande aprecio ao [[cristianismo]], polo que é probábel que a súa postura influíse en quen viron máis tarde a nova fe como a causante da caída de Roma, unha idea que lle causou dificultades mesmo a [[Santo Agostiño de Hipona|Santo Agostiño]].
 
Ignórase a data exacta da súa morte. O último ano no que se pode presupoñer que seguía vivo é [[391]], pois cita a [[Sexto Aurelio Víctor]] como [[prefecto]] de Roma, que accedeu entón ao cargo.
 
==Ligazóns externas==
 
*[http://odur.let.rug.nl/~drijvers/ammianus/index.htm Páxinas sobre Amiano Marcelino na Universidade de Groninga] (inglés)
*[http://www.thelatinlibrary.com/ammianus.html obras de Amiano Marcelino en latín, texto completo]
*[http://www.perseus.tufts.edu/ Perseus Digital Library, [[Perseus Project|a maior base de textos gregos e latinos]]]
*[http://www.filol.csic.es/dge/lst/lst1.htm Lista de Autores e Obras do [[Diccionario Griego-Español]]]
*[http://www.annee-philologique.com/aph/ L´Année Philologique, a enciclopedia bibliográfica do mundo clásico que recolle todo o publicado cada ano (dispoñíbel en Rede e impreso]
*[http://www.stoa.org/sol Suidas, a enciclopedia bizantina do século XI on-line]
 
[[Categoría:Escritores en lingua latina]]
[[Categoría:Roma antiga]]
[[Categoría:Personalidades da historiografía]]
 
[[als:Ammianus Marcellinus]]
[[bg:Амиан Марцелин]]
[[bn:আম্মিয়ানুস মারকেল্লিনুস]]
[[cs:Ammianus Marcellinus]]
[[de:Ammianus Marcellinus]]
[[en:Ammianus Marcellinus]]
#REDIRECT [[es:Amiano Marcelino]]
[[fi:Ammianus Marcellinus]]
[[fr:Ammien Marcellin]]
[[hu:Ammianus Marcellinus]]
[[it:Ammiano Marcellino]]
[[la:Ammianus Marcellinus]]
[[nl:Ammianus Marcellinus]]
[[pl:Ammianus Marcellinus]]
[[pt:Amiano Marcelino]]
[[ro:Ammianus Marcellinus]]
[[ru:Аммиан Марцеллин]]
[[sr:Амијан Марцелин]]