Illas Gilbert: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MerlIwBot (conversa | contribucións)
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.3) (Bot: Engado: be:Астравы Гілберта; cambios estética
Liña 3:
As '''Illas Gilbert''' son unha cadea de 16 [[atol|atois]] e [[illa]]s [[Coral (animal)|corais]] no [[Océano Pacífico]] central, pertencentes á [[República de Kiribati]] ("Kiribati" é a tradución de "Gilbert" en plural en [[lingua kiribatiana|idioma gilbertense]]).
 
== Historia ==
As illas Gilbert estiveron habitadas por [[Micronesia|micronesios]] durante moitos séculos antes de ser descubertas polos europeos. Un dos primeiros descubrimentos rexistrados das illas por europeos foi en [[1765]], cando o comandante [[John Byron]] na nave ''Dolphin'' descubriu a illa de [[Nikunau]]. En [[1788]], o capitán [[Thomas Gilbert]] no ''Charlotte'' e o capitán [[John Marshall]] no ''Scarborough'' percorreron a zona, cruzando as illas de [[Abemama]], [[Kuria]], [[Aranuka]], [[Tarawa]], [[Abaiang]], [[Butaritari]], e [[Butaritari|Makin]] (sen paradas). Nos anos subseguintes, moitos barcos navegaron a través das pequenas illas e atois Gilbert no curso das súas travesías polo Pacífico central. Dúas naves da [[Expedición Exploradora dos Estados Unidos]], os navíos ''Peacock'' e ''Flying Fish'', baixo a comandancia do capitán Hudson, visitaron varias das Illas Gilbert (naquel tempo Illas Kingsmill). Dedicouse un tempo considerable para debuxar as cartas de navegación da área.
 
Liña 10:
Os nativos das Illas Gilbert son micronesios, similares en varios aspectos cos nativos das [[Illas Marshall]], as [[Illas Carolinas]] e as [[Illas Marianas]]. Na época da invasión xaponesa en [[1942]], eran pobos que se gobernaban a si mesmos, coas súas tradicións tribais non modificadas polo sistema británico de administración e goberno das colonias. Leais aos británicos, os gilbertenses non viron con bos ollos as probabilidades de ser invadidos polos xaponeses. Durante a súa estadía nas Illas Gilbert, os xaponeses non fixeron nada para cambiar a opinión dos gilbertenses sobre este punto de vista.
 
A principal industria nas illas era a produción de [[fosfato]] dos depósitos das illas [[Banaba]] e [[Tabuaeran|Fanning]]. Ademais, cultivábanse [[Palmeira (botánica)|palmeirapalmeiras]]s de [[coco]] nalgunhas das illas. Todo o traballo era supervisado polos británicos e todos os esforzos que se realizaron foron para que os salarios e as condicións de vida fosen xustas e adecuadas. As inspeccións sanitarias dos británicos melloraron moito as condicións de vida en moitas das illas.
 
A dieta dos nativos antes da [[Segunda Guerra Mundial]] consistía principalmente en peixe, coco, froita do [[pandanus]], polo [[babai]] e un pouco de porco. A instalación de vivendas para os europeos empregados na illa foi moi simple. As súas casas estaban construídas por materiais europeos e nativos, e eran xeralmente tipo bungalow. Non había ningunha clase de turismo.
Liña 31:
En [[1971]], a colonia converteuse en autónoma. De [[1976]] a [[1978]], as [[Tuvalu|Illas Ellice]] foron divididas, e as Gilbert transformáronse na colonia das "Illas Gilbert". En [[1979]], as Gilbert proclamaron a súa independencia, converténdose na nación independente de [[Kiribati]].
 
== Atois ==
Os atois e illas están situadas nunha liña norte a sur. En orde alfabética, son:
 
Liña 49:
* [[Tamana]]
* [[Tarawa]]
{{ORDENAR:Gilbert}}
 
[[Categoría:Atois]]
[[Categoría:Illas e arquipélagos]]
[[Categoría:Kiribati]]
{{ORDENAR:Gilbert}}
 
[[be:Астравы Гілберта]]
[[bg:Гилбъртови острови]]
[[de:Gilbertinseln]]