Antón Baamonde: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
retiro contido non enciclopédico
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Estudou o bacharelato no Instituto da súa vila natal e Filosofía na [[Universidade de Santiago de Compostela]]. É profesor de Filosofía nun Instituto de Santiago de Compostela. Colaborador habitual en diversos medios de comunicación escritos (''[[La Voz de Galicia]]'', ''La Opinión'', ''A Nosa Terra'', ''El País''), radiofónicos Radio Galega, SER ademais de en revistas como ''Galicia Internacional'', ''Agália'' ou ''[[Grial (revista)|Grial]]''. Formou parte do Consello de redacción da revista ''[[Luzes de Galiza]]'', xunto con Lino Braxe, Xavier Seoane e Manuel Rivas e foi coordinador do "Foro Luzes de Galiza" que se distinguiu por dar á luz unha serie de manifestos que enfocaron Galicia a outra luz distinta da do conservadorismo non só gobernamental. É membro da Sección de Pensamento do Consello da Cultura galega, do Consello Asesor da Fundación Carlos Casares e do Padroado de RadioFusión, a entidade que engloba as emisoras municipais galegas.
 
==Obra en galego==