Diferenzas entre revisións de «Prestige»

engado imaxe
(→‎Ligazóns externas: álbum de fotografías)
(engado imaxe)
 
===Impacto sobre as aves===
[[File:Common Murre RWD1.jpg|thumb|O [[arao dos cons]] foi unha das aves máis afectadas pola [[marea negra]]]]
Segundo a organización ecoloxista [[SEO-BirdLife]]<ref>''Impacto de la marea negra del 'Prestige' sobre las aves marinas''. Madrid, novembro de 2003.</ref>, ata o [[31 de agosto]] de 2003 recolleuse un total de 23.181 [[aves]] nas costas españolas, portuguesas e francesas<ref>Repartidas en 19.510 en España (o 84,16%) (12.223 en Galicia -o 52,73% do total-, 3.533 no País Vasco, 2.767 en Asturias e 987 en Cantabria), máis 2.831 en Francia e 840 en Portugal.</ref>, correspondentes a máis de 90 especies<ref>Evidentemente, houbo máis aves petroleadas nos meses seguintes, pero xa non foron compilados neste informe. En calquera caso non varían significativamente estes datos.</ref>. Máis do 50% delas foron recollidas nas costas galegas. Tendo en conta que as experiencias noutras mareas negras calculan que só se recolle entre o 10 e o 20% das aves realmente mortas por cousa do fuel, pode estimarse que o número de aves afectadas polo vertido do Prestige oscilou entre 115.000 e 230.000 aves<ref>A [[Sociedade Galega de Ornitoloxía]] publicou en novembro de 2005 outro informe no que engadía a esta mesma valoración outras dúas: entre 150.000 e 250.000 aves (segundo J. M. Arcos e outros, ''Seabird mortrality caused by the Prestige oil spill:preliminary insight from a drift blocks experiment'', 2004) e entre 250.000 e 300.000 aves (segundo J. Domínguez: ''Aviauna del litoral gallego: caracterización, impacto inicial de la marea negra y perspectivas futuras'', 2003).</ref>.
 
15.286

edicións