Pablo González Couñago: Diferenzas entre revisións

futbolista español
Contido eliminado Contido engadido
Artigo sobre o futbolista Pablo Couñago. A información está tirada maiormente da ligazón externa que se indica e das referencias.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 4 de novembro de 2012 ás 15:19


Pablo González Couñago, nado en Redondela (Pontevedra) o 9 de agosto de 1979, é un futbolista galego que xoga como dianteiro, actualmente no Kitchee SC de Hong Kong. Foi campión do Mundial sub-20 de 1999, onde conseguíu ademáis a Bota de Ouro[1].

Pablo Couñago
Información persoal
Nome Pablo González Couñago
Nacemento 9 de agosto de 1979
Lugar de nacemento Redondela
Altura 1,80
Posición Dianteiro
Na rede
FIFA: 177857 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

Couñago formouse na canteira do Celta de Vigo, pasando a xogar no Celta de Vigo B en 1997. Ao rematar a tempada, foi convocado por Iñaki Sáez para disputar o Mundial sub-20 de Nixeria xunto con Aranzubía, Marchena, Xavi Hernández e Iker Casillas, entre outros. O combinado español proclamouse campión logo de vencer na final a Xapón por 4-0, sendo Couñago o máximo goleador con 5 goles e 2 asistencias, polo que lle foi concedida a Bota de Ouro[2].

Tras conseguir a vitoria no mundial e convertido nunha xove promesa, marchou cedido ao Numancia, onde tan só fixo un gol en 13 partidos, polo que non foi renovado por este equipo e o Celta cedeuno de novo, esta vez ao Recreativo de Huelva, onde contou con máis oportunidades, pero non as aproveitou, pois tan só acadou catro goles nos 25 partidos nos que interviu.

Na tempada 2000-2001 debutou por fin coa camisola celeste ante o Alavés en Balaídos nun partido de liga de primeira división, entrando en substitución de Gustavo López. No resto da tempada xogaría nun total de 8 partidos, saíndo sempre como suplente a falta de poucos minutos para o remate do partido.

A falta de oportunidades no equipo vigués lévano a abandoar a liga española e fichar polo Ipswich Town FC da segunda división inglesa. Nesta nova etapa volve reivindicarse como goleador e marca máis de 40 goles en catro tempadas, volvéndose un dos mellores xogadores da categoría.

En 2005 volve a España para vestir a zamarra do Málaga CF na Primeira División e cumpre coas especativas, malia non conseguir grandes rexistros, ao marcar 10 goles. A súa etapa no club albiceleste remata en xuño de 2007 ao descender este club á Segunda División Española. Volve entón a Inglaterra, de novo ao Ipswich Town FC e, posteriormente, xoga no Crystal Palace ata 2011.

En marzo de 2012 emprende a súa andaina asiática ao desexar coñecer outra cultura futbolística, xogando uns meses en Vietnam, no Dong Tam Long An, co que se proclamou campión de liga e marcou cinco goles en dez partidos. Con todo, decidiu abandonar ese país por ter unha forma moi diferente de traballar, a cal afectaba a súa vida familiar[3]. Tras pasar unhas semanas sen equipo adestrando co Club Deportivo Choco (Preferente Sur), e logo de contactar con varios clubs, entre eles o CD Lugo, fichou finalmente polo Kitchee de Hong Kong onde tamén xogan outros galegos como Dani Cancela, Yago González e "O chinés" Losada, ás ordes do adestrador catalán Josep Gombau. Debutou neste equipo saíndo dende o banco na última media hora no partido contra o Yokohama, vencendo por 4-1[4].

Clubs

Club País Ano
Real Club Celta de Vigo B España 1997-1998
CD Numancia España 1998-1999
Recreativo de Huelva España 1999-2000
Real Club Celta España 2000-2001
Ipswich Town Inglaterra 2001-2005
Málaga CF España 2005-2007
Ipswich Town Inglaterra 2007-2010
Crystal Palace FC Inglaterra 2010-2011
Đồng Tâm Long An F.C. Vietnam 2012
Kitchee SC Hong Kong 2012-

Selección

A parte de xogar coas categorías inferiores da Selección Española Couñago tamén participou en dous partidos de carácter amigable da Selección Galega, contra Ecuador (2006) e Camerún (2007), antes de que pasase a ser un combinado amateur.

Referencias

Ligazóns externas