Corzo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Substitución auto
JonnyJonny (conversa | contribucións)
Liña 23:
 
== Características ==
No estado adulto, o corzo ten unha altura na cruz de só 76 cm como máximo e un peso entre 15 e 30 quilos. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan cara comezos do [[inverno]] e que volven medrar ata comezos da [[primavera]]. A pelaxe é dunha cor castaña cunha lixeira tonalidade vermella en ámbolos dous sexos durante o [[verán]], adquirindo unha tonalidade cincenta no inverno, momento que aparece unha mancha branca no lombo. O ventre é dunha cor máis clara que ao espaldalombo. Pola contra, os corciños presentan un pelico avermellado con pintas brancas que actúan como camuflaxe co seu entornocontorno. Os seus berros son semellantes ós ladridos dos cans.
 
O corzo é un animal predominantemente forestal, e só sae a campo aberto en contadas ocasións durante o verán para engadir algunhas herbas á súa dieta, basada no consumo de follas de arbustos e árbores baixas, así como brotes tenros. Adoita mostrarse activo cara o solpor, e durante o día permanece agochado entre a vexetación.