Epipaleolítico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Notas: algo máis desde a wiki .es
Liña 12:
** Subneolítico aplicaríase ás comunidades veciñas de sociedades neolitizadas que foron asumindo aos poucos esas técnicas por aculturación.<ref>{{cita libro | nome = Jorge Juan | apelidos = Eiroa García | ano = 2010 | título = Prehistoria do mundo. | edición = primeira | editor= Selo Editorial SL | localización = Barcelona | isbn = 978-84-93738-5-0 | páxinas = 347,389}}</ref>
 
 
 
== Adaptación ==
O Epipaleolítico comezaría coa transición do [[Plistoceno]] ao [[Holoceno]], fai uns 12000 anos, e acabaría coa aparición dos modos de vida produtores/neolíticos, cuxa cronoloxía varía moito dunhas rexións a outras e dun continente a outro. Esta época estivo marcada polo final da [[era glacial]] e a implantación dun clima tépedo/cálido que permitiu o aumento dos bosques e a biodiversidade, e provocou a inundación de amplas zonas costeiras. Cambios que influíron necesariamente no comportamento e na cultura material dos humanos da época, que tiveron que adaptarse a novas situacións, realizando modificacións na súa tecnoloxía e estratexias de caza para poder seguir obtendo recursos.
[[Ficheiro:Feuerstein-bruch.jpg|220px|miniatura|esquerda|Fraccionamiento [[concoide]] de [[sílex]] e afilados trozos cortantes.]]
 
Ao acabar a última glaciación do '''Plistoceno''' (a de [[Último periodo glacial|Würm]], que tamén foi a máis dura) comezou un [[cambio climático]], marcado por unha alternancia de fases tépedas e frías, que permitiu a extensión das masas boscosas en Eurasia e Norteamérica, pero provocou tamén a formación de amplas faixas esteparias e/ou semidesérticas ao redor dos [[trópico]]s. Como consecuencia destes cambios extinguíronse ou emigraron os grandes mamíferos que formaran a base da dieta do home do [[Paleolítico Superior]]: o [[mamut lanudo]] e o [[rinoceronte lanudo]], entre outros, desapareceron, e animais como o [[reno]] e o [[bisonte]] emigraron cara ao norte. Pola contra prosperaron animais de costumes menos gregarias, cuxa caza resultaba máis complexa: [[cervo]]s, [[xabaril]]s, [[corzo]]s, [[coello]]s, etc. Para cazalos o home utilizou, probablemente, [[can]]s, o primeiro animal que domesticó, xa a finais do Paleolítico Superior en Europa occidental.<ref>{{cita libro | nome = Josep Mª | apelidos = Fullola | coautor = Gurt, Josep Mª | ano = 1992 | título = La Prehistoria del Hombre. | edición = primera | editor= Ed. Salvat | localización = Barcelona | isbn = 84-8031-012-X | páxina = 40|lingua=castelán}}</ref> A dieta diversificouse enormemente, incluíndo entón outros pequenos mamíferos e aves como os [[ganso]]s, [[tordo]]s, [[faisan]]s, [[gaio]]s, [[Columbidae|pombas]], etc. A recolección de froitos e raíces estendeuse, e aumentou espectacularmente o consumo de caracois e cunchas, como o demostran os enormes ''concheros'' da vertente atlántica europea e os ''caracoleiros'' das covas pirenaicas. Tamén se comezou a desenvolver a pesca fóra da costa, en mar aberto.<ref name="Diario Vasco">{{cita web |url= http://www.diariovasco.com/pg060613/actualidad/aldia/200606/13/aranzadi-hallazgo-mesolitico-arrantzale.html |título= Aranzadi demuestra que los hombres del mesolítico se alimentaban con peces capturados a cierta distancia de la costa |autor= Carlos López |data= 13 de junio de 2006 |obra= |editor= [[Diario Vasco]] |lugar= |página= |at= |trans_title= |dataacceso= 3-11-2012}}</ref> Fabricáronse trineos, nun principio tirados por homes e logo por cans, e [[canoa]]s feitas con peles ou cortizas de árbores.
== Notas ==